
Región".
Tamén hoxe, Día da Poesía, crearon un poema en galego moi orixinal.
POEMA DO ALUMNADO DE 4º B
Os alumnos de cuarto
Fixemos unha poesía
Para celebrar
Que hoxe é un gran día.
Hoxe ímonos converter
Todos en poetas,
Un anaquiño Rosalía
Outro Manuel María.
Comezou a primavera
Xa nacen as flores
E o que branco era
Cúbrese con bonitas cores.
O frío xa marcha
O bo tempo vai vindo
Os paxaros regresan
Cun piar moi lindo.
Todos xuntiños
Moi concentradiños
Recitamos con alegría
Esta fermosa poesía.
Agora tócavos a vós
Convertervos en poetas,
É sinxelo e divertido
E está cheo de sorpresas.