lunes, 31 de enero de 2022

FAILDIÑO FALA!

Hoxe presentámosvos unha preciosa iniciativa que seguro que vos vai encantar.

Inspirándonos nun programa de vídeo da TVG adicado a lingua galega iniciamos unha serie en formato de vídeo con carácter mensual que titulamos  "Faildiño fala! Faildiño é a mascota da biblioteca escolar e vai apoiar aos alumnos de primaria e secundaria mentres nos ensinan a usar lingua do xeito máis apropiado nuns simpáticos vídeos.



Os Bolechas invitáronnos a participar na súa serie educativa da TVG facendo a nósa propia gravación dun capítulo adicado ás medidas de lonxitude. Os dous cursos de cuarto de primaria fixeron un traballo incrible presentando cada medida ben explicada.

Ata que nos avisen que xa está listo para lanzar ao ar invitámosvos a ver un pequeno adianto. Disfrutádeo!




 




Un saúdo a todos os que nos seguides dende as vosas casas.

Este curso queremos seguir compartindo convosco as actividades escolares promovidas dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG). Son moi variadas e feitas con moita ilusión para divertir e educar na lingua aos nosos pequenos. Queremos que medren sentido o galego como unha lingua que levan no corazón e non como unha materia máis, para elo promovemos e participamos en todo tipo de actividades dándolles un caracter lúdico e divertido.

Nesta páxina podedes ir vendo imaxes e comentarios sobre todas elas.

Participade dándonos a vosa opinión e animando aos vosos nenos a vivir en galego!!