REGUEIFA ENTRE O SAMAÍN E HALLOWEEN
No mes de setembro,
despois das patacas
outubro nos chega
con cara de faba.
E velaí vén novembro,
cheo de castañas
e cunha raíña:
que é a cabaza!
SAMAÍN: Xa está aquí este "snob"
con cara de medo,
que quere roubarnos
os nosos ancestros.
HALLOWEEN: Mira ti quen fala,
que de non ser por min,
ninguén sabería
quen é Samaín.
mira ti que cores
laranxa de día,e de noite negro,
mira ti que cara!
HALLOWEEN: Pois ti, espantallo.
¿Con quen te codeas?
Para que o saibas,eu veño de América,
leváronme alí e fíxenme urbano.
S: ¿Con quen me codeo?
Eu, co magosto,
¿Tes ti, acaso, tan bo compañeiro?
H: Anda, ¡que listo!
Eu son internacional,
en cada país teño colegas
que non me tratan nada mal.
S: Non vaias por aí
de "yes, yes" moderno,
deixándome a min
por can de palleiro.
A ver se te enteras:
eu son vangardista,
enxebre e GALEGO!
¿Decátaste ou non te pispas?H: Decátome, neno,
e deixa a regueifa,
pois eu, Halloween,
nacín coma ti na cova dos celtas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario