martes, 22 de diciembre de 2009

     O RETORNO DO APALPADOR

Un día  o Apalpador  preparouse para o gran acontecemento esperado por moitos nenos, o día 24 de decembro.
 Ese día comezou a entrar polas chemineas de todos os nenos e nenas de Galiza.
Estivo traballando toda a noite, deixándolles aos nenos xoguetes naturais, feitos de madeira e materiais reciclables. De súpeto atopouse con Papá Noel e os dous comezaron a discutir. O Apalpador recrimináballe o feito de darlles aos nenos xoguetes de plástico. Papá Noel contestoulle que realmente eran os que os facían felices. Estiveron máis dunha hora co debate ata que comezaba a amencer e moitos nenos despertábanse sen atopar ningún agasallo. Papá Noel dixo que fora todo culpa do Apalpador que o secuestrara nun cuarto escuro. O Apalpador moi decepcionado estivo un tempo reflexionando sobre se debía seguir co seu traballo.
Finalmente, o ancián galego do Nadal decidiu tomar unhas vacacións e esquecerse dos problemas que tiña. Estivo dez anos sen facer regalos, ata que este ano decidiu volver. Tomou tal decisión despois de que comezou a notar o cambio climático. Dende entón, el é o primeiro en darlles os regalos aos rapaces.
Así como vos digo comezou "O retorno do Apalpador" en Galiza, coa súa popularización en diversos núcleos de poboación. Este ano chegou a Cambeo.

Julián Vidal 4º ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario