viernes, 4 de noviembre de 2011

NARRACIÓNS PRESENTADAS PARA "OUTONANDO"

Era Halloween e os rapaces debuxaron nunha cartolina xigantesca a sombra de alguén agochado tras uns arbustos. Colocarán as cousas antes de timbrar na porta e despois correrán á velocidade da luz…agardarán dous segundos e despois Jean manexará
o morcego de maneira que sobrevoe por enriba da cartolina. Xusto despois escoitarase o CD do moucho e os lobos…
Ha de ser unha escena espantosa”

CLAUDIA ESCAPA ÁLVAREZ (2ºESO)

“ Era unha noite arrepiante: mouchos e bruxas rondaban o pobo. Todo o mundo estaba gardado na súa casa a porta pechada. Era Samaín, pero Pablo decidiu, tras moito cavilar, asomar o seu fuciño e …zas!
Alguén arrincou con el sen mediar palabra. Sen saber moi ben como atopouse só e a escuras rodeado dun valado inmenso. Tentou rubir. Misión imposible. Fallábanlle as forzas… De repente escoitou:
-Ai, Pabliño, Pabliño. Ti non eras o que non tiña medo a nada?
……Era a Santa Compaña, que andaba a visitar aos máis valentes”

ELENA VALCÁRCEL CAO(2ºESO)

“Despois oíu un ruído no soto da casa e baixou. Outra vez puido ver aquela sombra. Quedouse plantada no chan e escoitou de novo aqueles pasos. A música seguía posta…Comezou a berrar e subiu correndo á súa habitación, pechou a porta e meteuse debaixo da cama. Alguén comezou a petar, pero ela non abriu. Pouco despois no chan atopou unha nota que dicía: VOLVEREI”

FÁTIMA IGLESIAS PÉREZ(3ºESO)

“…Acocheime nunha esquina do sofá e quedei durmida. Unha hora máis tarde espertei…Tivera un pesadelo. Erguínme e quedei paralizada de asombro: todas as luces da casa estaban apagadas… e o televisor… tamén se apagara só!
Dei a volta,crendo que había alguén detrás de min.Nada. A estancia estaba escura coma a boca dun lobo. De súpeto puiden ver unha sombra iluminada polas farolas da rúa . Afoguei un berro e camiñei con cautela, ao mesmo tempo que preguntei cun fiiño de voz:
- Hai alguén aí?
JANET MONTEIRO ROCHA (3ºESO)

“…De repente escoitei pasos escaleiras arriba que se achegaban cada vez mais…, cada vez máis. Quedábanlle cinco, catro tres… chanzos para chegar á porta. Oín como entraba na habitación de meus pais e percibín por debaixo da miña porta, coa luz prendida, como aquela sombra se movía lentamente. Déronme ganas de tusir e, ao facelo, escoitei pasos rápidos e nerviosos avanzando escaleiras abaixo…
Non sei que pasou despois. Só me lembro de espertar confuso, cavilando se o que pasara aquela noite puidese ser certo ou produto da miña imaxinación”


LAURA MOSQUERA(2º ESO)

“..As pernas comezaron a tremerme e non sabía que facer. Eu non sei se era produto da miña imaxinación ou por causa da chuvia, pero aquel regato levaba auga demais. Sentín unhas mans nas costas e, ao querer xirarme, empurrábanme cara o regato. Empecei a tragar auga, quería saír… Non podía!!
Só puiden decatarme de que era alguén a quen lle falataba o dedo índice dunha man. Dende entón ándoa buscando e non penso deixar de facelo ata atopala.”

Mª JOSÉ PÉREZ SAS (3ºESO)

No hay comentarios:

Publicar un comentario