miércoles, 18 de diciembre de 2013

MES DE DECEMBRO, MES DE NADAL

CÁLIDO DECEMBRO

Decembro é mes de matanzas e nadal, de comer quentiño. De tomar café   e facer filigranas coa súa escuma mentres desfrutas da mellor conversación.
Decembro   ha de ser quente se  o coces   ben   e   a  lume lento.

É tempo  de comezo e  remate: un folio en branco  sobre fondo gris para rescribir o guión da vida.
Decembro é cándido  se dás un paseo polas nubes  e   sentas nelas a escoitar o mellor conto do mundo.
É cándido se en cada val  reparas nas casas cal cachimbas  botando  fume branco  co  que   se fan os mellores  doces de merengue e nata. Tan branco coma os abrazos.

Este decembro  ha ser branco e doce, de iogur e  marmelo, porque  o has  de mirar   con lentes  de cerca  e  lúa chea.


No hay comentarios:

Publicar un comentario