miércoles, 25 de mayo de 2016
viernes, 20 de mayo de 2016
SEGUIMOS A CELEBRAR AS NOSAS LETRAS
Hoxe regalamos as nosa palabras favoritas en galego a quen quixemos, unhas con forma de chapa e outras de flores cos seus testos. Antes decorámolas e fixémolas aínda máis bonitas, se cabe.

O alumnado de segundo de Primaria deleitounos cun teatro de sombras sobre o poema de Manuel María "o meu barco".

O alumnado de segundo de Primaria deleitounos cun teatro de sombras sobre o poema de Manuel María "o meu barco".
jueves, 19 de mayo de 2016
viernes, 13 de mayo de 2016
CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS
Chegou o momento de poñer en práctica todas as ideas que a creatividade deste equipo, que coincide tamén co da biblioteca, tivo neste curso:
Escomenzamos coa exposición da vida e obra de Manuel María, xunto coa unidade didáctica enviada pola Consellería. A mascota Faildiño escribiu cartas ao alumnado de Infantil e Primaria, que se repartiron por todas as clases, animando a colaborar nunha actividade moi interesante "Agasalla unha palabra"

Ola rapaces e rapazas!
Teño outra
misión para vos. Como chega a celebración das Letras Galegas imos facer algo a
prol da nosa lingua:
Pensade na
palabra que máis vos gusta en galego e ofrecédea como un agasallo aos vosos
compañeiros e compañeiras. Para que non se perda cóidaa, falaa, día, escríbea,
debúxaa… faina túa para sempre. Será un agasallo inesquecible!
Estou
desexando escoitar e ver estas palabras! Vou xogar con todas elas a moitos
xogos, e non me vou aburrir na
biblioteca nas longas vacacións de verán.
Sen máis,
despídome ata pronto… E lembrade:
SER FAILDEFELICES!!!!
O alumnado de 5º estableceu relación cos seus homónimos de Monforte de Lemos e elaborou un telexornal moi interesante sobre a vida e obra do autor con entrevistas e imaxes. Visionado na biblioteca.
domingo, 1 de mayo de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)