viernes, 13 de mayo de 2016

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS

Chegou o momento de poñer en práctica todas as ideas que a creatividade deste equipo, que coincide tamén co da biblioteca, tivo neste curso:
Escomenzamos coa exposición da vida e obra de Manuel María, xunto coa unidade didáctica enviada pola Consellería. A mascota Faildiño escribiu  cartas ao alumnado de Infantil e Primaria, que se repartiron por todas as clases, animando a colaborar nunha actividade moi interesante "Agasalla unha palabra"

Ola  rapaces e rapazas!
Teño outra misión para vos. Como chega a celebración das Letras Galegas imos facer algo a prol  da nosa lingua:
Pensade na palabra que máis vos gusta en galego e ofrecédea como un agasallo aos vosos compañeiros e compañeiras. Para que non se perda cóidaa, falaa, día, escríbea, debúxaa… faina túa para sempre. Será un agasallo inesquecible!
Estou desexando escoitar e ver estas palabras! Vou xogar con todas elas a moitos xogos,  e non me vou aburrir na biblioteca nas longas vacacións de verán.
Sen máis, despídome ata pronto… E lembrade:
         


                       SER FAILDEFELICES!!!!

O alumnado de 5º estableceu relación cos seus homónimos de Monforte de Lemos e elaborou un telexornal moi interesante sobre a vida e obra do autor con entrevistas e imaxes. Visionado na biblioteca.
         Na entrada da biblioteca expuxéronse as obras  das que se dispón.
Mural elaborado por todo Infantil e Primaria con poemas do autor.




No hay comentarios:

Publicar un comentario