jueves, 10 de noviembre de 2016

CELEBRAMOS OS MAGOSTOS

O xoves 10 de novembro celebramos esta nosa festa tradicional tan esperada. Dende logo non fai ningunha falta recuperala porque sempre está moi viva entre nós. O profesorado e alumnado de Secundaria saíron ao Campo da Feira a comer e facer a fogata, os de Primaria e Infantil comimos bolos preñados e castañas asadas no comedor e pola tarde tentamos facer xogos tradicionais adaptados, pero, por mor da chuvia e os charcos do patio, non puidemos saír. Deixarémolos para un día da vindeira semana. Estes serán os xogos:
O atrapa castaña (como o xogo da silla),
O corre castaña (a culler)
O estoupa castaña (paracaídas)
O castañazo (brilé)
O caza castaña (o pano cun saquete de castañas)
Noces e castañas
O caza raposo
Todos serán agasallados coa  CASTAÑA DE OURO.

                                                       








No hay comentarios:

Publicar un comentario