A segunda visita de escritores galegos foi hoxe. Núñez Singala é un escritor en lingua galega moi importante para este equipo, xa que as súas obras nos inspiran nas nosas creacións dramáticas: unha maneira de achegar á comunidade escolar o gusto pola nosa lingua.
Falounos da
importancia de medrar con duas linguas e dos prexuízos sobre o noso idioma: son
os de fóra quen nos gaba e nós... sempre rebaixándonos!
Pero sobre todo falounos da súa novela “Camiños na auga”, unha
historia de supervivencia e de loita contra a intolerancia. Ser diferente é ás
veces moi difícil.
O noso alumnado
agasallouno cunha microdramatización sobre a importancia do galego, baseada
nunha das súas historias. Unha ledicia!
Adicounos os seus libros, pois dispomos de varios na biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario