
Como xa sabedes, o Día das Letras Galegas ( 17 de maio) é unha celebración instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria no idioma galego, ou pola súa defensa .
O CPI encheuse de diferentes actividades en homenaxe a Xela Arias Castaño ,persoa escollida para ser homenaxeada este ano , que xa fora proposta anteriormente en dúas ocasións.
Houbo decoración de corticeiras , lectura de Kamishibai, resolución de cuestionarios ....e non podía faltar actuaciónmusical. (Himno Galego)
Mural no hall da entrada cos nosos termos
O alumnado de 3º B elaboraron un KAMISHIBAI sobre a vida de Xela Arias , que despois contaron aos compañeiros de educación infantil.
E preguntárdesvos, que é un KAMISHIBAI?
Un KAMISHIBAI é unha forma de contar historias orixinaria de Xapón, que combina imaxes e textos
O Día das Letras Galegas festexa a figura e a obra de XELA ARIAS.
Coñece un pouco máis sobre a poeta facendo clic nesta ligazón.
Agora pon a proba os teus coñecementos con estes xogos.
O artista Sérgio Tannus arrincou os aplausos e entoacións de centos de alumnos de cinco centros educativos participantes nun concerto por streaming que serviu para conmemorar o Día de Rosalía.
Un 24 de febreiro de 1837 nacía María Rosalía Rita de Castro, sinónimo da poesía galega.
O noso cole celebrou esta semana o "Día de Rosalía de Castro 2021".
Comezouse cunha exposición de poemas da autora, que toda a comunidade educativa puido ver no taboleiro principal do centro.
ALBORADA
Con motivo da celebración do Día de Rosalia deixámosvos aquí unhas actividades para que comprobedes canto sabedes sobre a autora.