Como xa sabedes, o Día das Letras Galegas ( 17 de maio) é unha celebración instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria no idioma galego, ou pola súa defensa .
O CPI encheuse de diferentes actividades en homenaxe a Xela Arias Castaño ,persoa escollida para ser homenaxeada este ano , que xa fora proposta anteriormente en dúas ocasións.
Houbo decoración de corticeiras , lectura de Kamishibai, resolución de cuestionarios ....e non podía faltar actuaciónmusical. (Himno Galego)
Mural no hall da entrada cos nosos termos
O alumnado de 3º B elaboraron un KAMISHIBAI sobre a vida de Xela Arias , que despois contaron aos compañeiros de educación infantil.
E preguntárdesvos, que é un KAMISHIBAI?
Un KAMISHIBAI é unha forma de contar historias orixinaria de Xapón, que combina imaxes e textos
No hay comentarios:
Publicar un comentario