martes, 22 de diciembre de 2009

Noiteboa en Galicia

Nunha casa de Galicia, Papá Noel e o Apalpador, acaban de coincidir:
-Oes, boneco! Ti que fas na miña terra? -pregunta o Apalpador.
-Ho, Ho, Ho, Ho! Pensei que eras unha lenda! -responde Papá Noel.
-E ti non se supón que tamén deberías selo?
-Iso é o que din os maiores. Non sei que lles fan os pais aos cativos que dun ano para o outro moitos xa non cren en min.
-Pero ti de que país vés? Non sabes que estamos en crise? -reaccionou o Apalpador.
-Non, non! Este problema xa vén dado de sempre. -Respondeu Papá Noel.
-O que pasa é que os rapaces prefírenme a min. Ha, Ha, Ha!
-Non me fagas rir! Cantos países tes ti? A metade de un. E eu? O mundo enteiro! -dixo Papá Noel orgulloso.
-Mira ti... Eu polo menos non levo un traxe tan feo e rechamante coma o teu. Algún día serei máis famoso ca ti.
-Ha, Ha, Ha! Avísame cando os da Coca-Cola te collan para facer un anuncio tan bo coma o meu -respondeu sarcasticamente Papá Noel.
Debido ao balbordo que montaron, toda a familia desa casa os miraba con abraio.

(...)

-Mamá, por que me dixestes que estes homes eran lendas? -preguntou o fillo adolescente da familia.

Lucía Montáns 4º ESO
     O RETORNO DO APALPADOR

Un día  o Apalpador  preparouse para o gran acontecemento esperado por moitos nenos, o día 24 de decembro.
 Ese día comezou a entrar polas chemineas de todos os nenos e nenas de Galiza.
Estivo traballando toda a noite, deixándolles aos nenos xoguetes naturais, feitos de madeira e materiais reciclables. De súpeto atopouse con Papá Noel e os dous comezaron a discutir. O Apalpador recrimináballe o feito de darlles aos nenos xoguetes de plástico. Papá Noel contestoulle que realmente eran os que os facían felices. Estiveron máis dunha hora co debate ata que comezaba a amencer e moitos nenos despertábanse sen atopar ningún agasallo. Papá Noel dixo que fora todo culpa do Apalpador que o secuestrara nun cuarto escuro. O Apalpador moi decepcionado estivo un tempo reflexionando sobre se debía seguir co seu traballo.
Finalmente, o ancián galego do Nadal decidiu tomar unhas vacacións e esquecerse dos problemas que tiña. Estivo dez anos sen facer regalos, ata que este ano decidiu volver. Tomou tal decisión despois de que comezou a notar o cambio climático. Dende entón, el é o primeiro en darlles os regalos aos rapaces.
Así como vos digo comezou "O retorno do Apalpador" en Galiza, coa súa popularización en diversos núcleos de poboación. Este ano chegou a Cambeo.

Julián Vidal 4º ESO

lunes, 21 de diciembre de 2009



Despois da visita do Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandegueiro debuxámolo. E aínda nos quedou ben "chuli", ¿non si?

                           Veunos visitar o Apalpador para apalparnos as barriguiñas e contarnos contos.
Como ao apalparnos non atopou que pasabamos fame falounos da comida sa.





O contacontos Anxo Moure nunha das súas visitas regalounos un conto ecoloxista no que o protagonista é o neno da nosa fonte. Un alumno de Primaria debuxouno e este foi o resultado.


martes, 1 de diciembre de 2009

Premios concurso "OUTONANDO"


PREMIOS CONCURSO “OUTONANDO”



PREMIO MELLOR RELATO: Adriana Diéguez (4º ESO)

PREMIO MELLOR POEMA: Laura Mosquera (6º de Primaria)

PREMIO MELLOR DEBUXO: Brais Nóvoa e Andrea López (4º Primaria)

Infantil- 5 anos (colectivo)

PREMIO MELLOR MANUALIDADE: Curso 2ºde Primaria (colectivo)