viernes, 29 de junio de 2018

PASAMENTO DE XABIER P. DOCAMPO


O día 26 de xuño faleceu Xabier P. Docampo, un dos escritores fundamentais para a consolidación da Literatura infantil e xuvenil galega. Pero tamén foi docente, promotor da lectura e especialista en bibliotecas escolares, activista a prol da lingua, contacontos, actor ou guionista.
En 1995 acadou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil con Cando petan na porta pola noite. A esta obra precedéronlle outras como O misterio das badaladas ou A chave das noces. Posteriormente, virían outras como O pazo baleiro, A casa da luz, Bolboretas (White Ravens 2005), Catro cartas, O país adormentado, A illa de todas as illas, O libro das viaxes imaxianarias, e xa no 2017 A nena do abrigo de astracán á que lle adicou os últimos anos da súa escrita e coa que gañou o Premio de narrativa na III Gala do Libro Galego 2018. 
Para Docampo ler era conquistar unha illa misteriosa por iso foi un grande promotor da lectura. Xunto con Antonio Ventura dirixiu a revista Bloc (Revista internacional de arte y literatura infantil) que se editou entre os anos 2007 e 2010.

lunes, 25 de junio de 2018

FESTIVAL FIN DE CURSO "O CATAVENTOS"


O alumnado de 4º de primaria fixo a representación desta obra  de Mª Victoria Moreno despois da súa adaptación.
                                                                 O CATAVENTOS

Ademáis tamén se interpretaron cantigas en galego e a presentación foi preparada polo equipo.

domingo, 3 de junio de 2018

CARTELERÍA EN GALEGO

Este días estanse a colocar carteis tanto no comedor como no patio de distintos carteis en galego. Os do comedor para animar a hábitos saudables e os do patio para axudar a distinguir as especies vexetais previamente plantadas ou sementadas.




REVISTA FURAFOLLAS 2018

Por fin ve a luz a nosa revista anual. Algúns dos traballos do curso e outros feitos para esta ocasión compoñen o contido desta publicación que como en anos anteriores se publica por estas datas coincidindo coas Letras Galega. Así se englobaría dentro das actividades programadas para esta ocasión.

jueves, 31 de mayo de 2018

O CATAVENTOS na Biblioteca

O alumnado de Infantil asistíu a unha lectura do libro de Mª Victoria Moreno na Biblioteca. A profesora de Infantil do equipo do de biblioteca foi a encargada de contarllelo. Atención á cara de asombro destes pequenos!

                                           

viernes, 25 de mayo de 2018

TEATREIR@S

Hoxe tivemos teatro para os de Infantil e 1º de Primaria. As profesoras de teatro das actividades extraescolares quixeron mostrarnos o seu traballo ao longo do curso co noso alumnado. Dende un principio o EDLG púxose en contacto con elas para que Mª Victoria Moreno fose unha das opcións de traballo e a verdade é que a caractrización foi espectacular. Unha escritora que busca a inspiración para os seus contos nos nenos e nenas. Un bo traballo! Que o vindeiro curso continúe esta actividade con máis alumnado e moita creatividade. Parabéns!

domingo, 20 de mayo de 2018

XINCANA DAS LETRAS

O alumnado de 3º e 4º de Primaria participaron na xincana das Letras Galegas "Saca a lingua", buscando información por todo o centro para atopar as pistas que os levaran a resolver todas as probas. Un divertido exercicio para celebrar esta data.





 

martes, 8 de mayo de 2018

PREPARANDO A FESTA DAS LETRAS GALEGAS

Temos moitas actividades para esta celebración:
-Comezamos coa exposición na biblioteca da obra de Mª Victoria Moreno existente na mesma.
-Un gran cartel anunciador na entrada do colexio adicado á exposición da súa vida e obra
-Obras de teatro no auditorio de Coles para Infantil e primaria:
"Carteiro en bicicleta"- unha viaxe a través da literatura galega, pola compañía A Trastenda dos Contos (3º,4º,5º e 6º).
"Os contos da festa no faiado"-homenaxe a Mª Victoria Moreno, pola compañía A Tropa de Trapo (Infantil, 1º e 2º)
-Actividades en todas as aulas sobre a homenaxeada, tamén na biblioteca.
-Caricatura de Mª Victoria no gran mural do corredor onde están tamén o resto dos homenaxeados dende a súa creación
-Contacontos de "O Cataventos" na biblioteca
-Adaptación ao teatro das obras "Leonardo e os fontaneiros", "Anagnorise", "Mar adiante" e "O Cataventos"
-Matemáticas en galego
-Caricaturas
-Marcapáxinas

martes, 24 de abril de 2018

CAMPIONATO GALEGO

Este sábado pasado, 21 de abril, celebrouse o X Campionato Galego Escolar de Orientación a Pé no Monte Pedroso, Santiago de Compostela, organizado polo Club Universitario e a FEGADO. Asistiron máis de 250 alumnos de 30 centros. A representación ourensá foi de 10 centros.
DestacarEMOS que a nosa alumna Nuria Vázquez López de 3º da ESO acadou un meritorio 5º posto na xeral de Cadete Feminino, sendo a primeira nena non federada en clasificarse, por diante da actual campiona galega federada de M16 (mulleres ata 16 anos), que rematou no onceavo posto.
Esta data é algo especial, porque fai unha década que o noso centro escomenzou a participar nestes eventos -tanto a nivel provincial como autonómico- tendo pasado centos de nenos de Cambeo por estas actividades ao longo destes anos, grazas ao compromiso de toda a comunidade educativa do centro.
Noraboa para Nuria!

domingo, 8 de abril de 2018

XOGADE

XOGADE-CAMPIONATOS ESCOLARES DE ORIENTACIÓN PEDESTRE

"Neste curso o alumnado de 3º da ESO participaba por segundo ano consecutivo no X Campionato Provincial Escolar Infantil e Cadete de Orientación a Pé, celebrado o venres 23 de marzo no malecón e parque do Salgueiral do Barco de Valdeorras. Nesta competición, Nuria Vázquez López acadou un magnífico cuarto posto no seu estreo na categoría Cadete Feminina, o que lle supuxo a súa clasificación para o Campionato Galego que se disputará o sábado 21 de abril no monte Pedroso, en Santiago de Compostela."

miércoles, 21 de marzo de 2018

UN XORNAL ESCOLAR DE PARA COMPETIR

O alumnado de 4ºB de Primaria presentou este xornal en galego ao concurso do periódico local "La
Región".
Tamén hoxe, Día da Poesía, crearon un poema en galego moi  orixinal.

                                               




       POEMA DO ALUMNADO DE 4º B

Os alumnos de cuarto
Fixemos unha poesía
Para celebrar
Que hoxe é un gran día.       
                                                                                     Hoxe ímonos converter
                                                                                     Todos en poetas,
                                                                                     Un anaquiño Rosalía
                                                                                     Outro Manuel María.

Comezou a primavera
Xa nacen as flores
E o que branco era
Cúbrese con bonitas cores.
                                                                                         O frío xa marcha
                                                                                         O bo tempo vai vindo
                                                                                         Os paxaros regresan 
                                                                                          Cun piar moi lindo.
Todos xuntiños                          
Moi concentradiños
Recitamos con alegría
Esta fermosa poesía.
                                                                                         Agora tócavos a vós
                                                                                         Convertervos en poetas,
                                                                                         É sinxelo e divertido
                                                                                         E está cheo de sorpresas.

viernes, 16 de marzo de 2018

PREMIADOS

Estes son os premiados do concurso "Namórame en galego":
Mellor poema de amor: Matías L. Barreiro (ESO)
Mellor poema reivindicativo: Aitana Olivera (ESO)
Mellor carta de amor: Ángela Fdez (ESO)
Mellor manualidade: Maruxa, Noa, Laura, Diana e Nahiara (Primaria)
Premio especial ao traballo de Brais Ledo e Joao


                                                               
 
 




               

viernes, 9 de marzo de 2018

FINALIZA O PRAZO

Finaliza o prazo para recoller traballos do concurso "Namórame en Galego". Aquí podemos atopar dende poemas do alumnado maior a manualidades e debuxos que son as preferencias dos máis pequen@s. Este é o panel expositor cos traballos presentados:


 





Agora resta poñernos de acordo para a concesión dos premios.

viernes, 23 de febrero de 2018

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

Para celebrar este día especial a biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística Galega prepararon actividades especiais:
En Secundaria o alumnado confecionou foto-poemas e debuxo-poemas de Rosalía de Castro para unha posterior  visualización na entrada do colexio, imitando fiestras.

En Primaria o alumnado de 5º e 6º preparou poemas de Rosalía para recitarllelos aos máis pequenos.

En Infantil disfrutaron dos poemas de Rosalía recitados, escenificados e incluso cantados.


viernes, 9 de febrero de 2018

CELEBRANDO O ENTROIDO

Chegou o día de poñer á vista todo o noso traballo destes días. Hoxe, venres pola tarde, invitamos aos pais e nais do noso alumnado para que viran o noso desfile.
"No corazón da fraga" de Fdez Naval servíu de inspiración para o noso guión:
Comezamos co desfile de árbores da fraga, despois cogumelos e flores silvestres, a chuvia e os arcos da vella tamén fixeron asúa aparición, seguiron algúns dos animaliños (mouchos, coellos e osos) que habitan no corazón do bosque e rematamos cun toque de fantasía que puxeron os máis pequenos inundando de elfos o noso espazo. Todo isto amenizado con música axeitada a cada comparsa.
Foi unha lástima que o tempo non nos permitira a celebración no patio ao aire libre. Tivemos que transladarnos ao ximnasio e alí todo foi máis reducido.