lunes, 26 de junio de 2017

FESTIVAL FIN DE CURSO

Nos dous festivais que tiveron lugar este fin de curso (Primaria e Secundaria) houbo obras de teatro encamiñadas á defensa da nosa lingua: "Coida a túa lingua" interpretada por alumnado de 2º de Primaria , "A bifidada" e "Rebaixa" interpretada polo alumnado da ESO.
Todo un éxito!

 O EDLG participou na elaboración das dúas de Secundaria adaptando obras de Núñez Singala ás nosas inquedanzas. Parabéns para tod@s e para tod@s !

miércoles, 14 de junio de 2017

XORNAL CON PREMIO

No concurso de xornais escolares convocado por La Región o alumnado de 2º A de Primaria conseguíu o premio na súa categoría. Parabéns para os nenos e nenas e tamén para a súa profesora. Ademáis de redactar en galego e de saber como é un xornal irán de festa, porque ese é o premio para os gañadores ... e a súa publicación en dito xornal.

lunes, 5 de junio de 2017

VISITA DE ESTRAVIZ

Isaac Alonso Estraviz, profesor universitario cun currículo impresionante e un sinfín de publicacións, veu facernos unha visita moi agradable.
Escoitámolo alumnado e profesorado de Primaria e algún de Secundaria. Falounos da súa infancia (cando non se podía falar en galego e el era o único idioma que sabía), da importancia do da nosa fala, do éxito do seu dicionario (con miles e miles de entradas) e relatounos contos e adiviñas.
 Unha visita moi edificante!

jueves, 1 de junio de 2017

REVISTA FURAFOLLAS

Por fin xa temos a revista "Furafollas" no cole, así poderás disfrutar de páxinas de diversión e tamén de traballos realizados por todo o alumnado. Proximamente tamén a poderas ler na páxina web do colexio. Parabéns a todo o mundo, quedou moi bonita!

OUTRA VISITA: MANUEL NÚÑEZ SINGALA

A segunda visita de escritores galegos foi hoxe. Núñez Singala é un escritor en lingua galega moi importante para este equipo, xa que as súas obras nos inspiran nas nosas creacións dramáticas: unha maneira de achegar á comunidade escolar o gusto pola nosa lingua.
  Falounos da importancia de medrar con duas linguas e dos prexuízos sobre o noso idioma: son os de fóra quen nos gaba e nós... sempre rebaixándonos!

 Pero sobre todo falounos da súa novela “Camiños na auga”, unha historia de supervivencia e de loita contra a intolerancia. Ser diferente é ás veces moi difícil.
O noso alumnado agasallouno cunha microdramatización sobre a importancia do galego, baseada nunha das súas historias. Unha ledicia!
Adicounos os seus libros, pois dispomos de varios na biblioteca.