martes, 31 de enero de 2017

INVOCANDO A PAZ

O alumnado deste centro celebrou este día con distintas actividades:
Os máis pequenos elaboraron unha pomba e nas plumas escribiron a súa mensaxe pacifista, debuxos,manualidades...
Os maiores lemas e manifestos, tamén traballaron sobre persoas famosas polo seu alegato pacifista.
Todos cantaron unha canción por estrofas.
 

viernes, 20 de enero de 2017

ESCULTORES OURENSÁNS

Na biblioteca está exposta e a disposición do alumnado e profesorado unha selección de libros que tratan sobre este tema:

CONCLUÍDO O CONCURSO

Concluído o concurso "Traballa coas mans e coa cabeza" expóñense os traballos na entrada do centro:


 

viernes, 13 de enero de 2017

VOCES RESGATADAS

O EDLG decidíu que o apartado de "Voces Resgatadas" que levamos varios anos facendo e recollendo na revista escolar "Furafollas" podería publicarse neste blog semanalmente ou mensualmente. Así sería moito máis visual. Pois aí vai a nosa primeira voz resgatada dunha zona moi próxima:
 Leilao, estar ao leilao, durmir ao leilao: ao descuberto. Piñor de Cea

XORNAIS DE 2º de Primaria

Estas dúas clases participan nun concurso de xornais escolares e para iso presentan dous deles en galego.