miércoles, 17 de diciembre de 2014

A NOSA FELICITACIÓN DE NADAL

Esta é a felicitación de Nadal do Equipo de Dinamización Lingüístca Galega, unha composición "pop art" co mural do comedor:
E a árbore dos desexos:

lunes, 8 de diciembre de 2014

REFRÁNS DE DECEMBRO OU NADAL

Completamos o panel do comedor cos refráns de decembro e quedounos o primeiro trimestre cuberto. O vindeiro ano escomezaremos de novo co segundo trimestre:


miércoles, 19 de noviembre de 2014

MAGOSTOS

Celebramos os magostos con xogos e castañas. Os máis pequenos traballaron o conto "A castaña que rebentou de risa".

domingo, 9 de noviembre de 2014

MES DE NOVEMBRO

Os ditos e refráns elexidos para expoñer no comedor do colexio:

domingo, 2 de noviembre de 2014

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Samaín ou Halloween teñen cada vez máis aceptación na nosa sociedade. Para nós ademáis de ser unha festa ancestral tamén é unha festa divertida que nos invit
a a crear.

martes, 21 de octubre de 2014

A FESTA DA VENDIMA

A vendima foi a primeira festa na nosa exposición. Os pais colaboraron activamente na obtención de obxectos relacionados con esta celebración.

viernes, 17 de octubre de 2014

BENVIDA AO NOVO CURSO

BENVIDA AO NOVO CURSO ESCOLAR
Aquí estamos un curso máis poñéndonos a andar para dar de si todo o posible.
Estes días saíron estadísticas que nos fan ser pesimistas con respecto á supervivencia da nosa lingua. Por iso cada vez máis temos que ser conscientes de que se a queremos, temos que loitar por ela. Este blog será o que dé fe disto.
Comezaremos pola recollida de ditos e refráns nos que se faga referencia ao mes e ás comidas que se exporán no comedor do colexio.


jueves, 26 de junio de 2014

TEATRO FIN DE CURSO

Como vén sendo habitual nos últimos anos o EDLG deste centro programa unha sesión de teatro para despedir o curso. Aquí tendes unha mostra: 

jueves, 19 de junio de 2014

PROGRAMA "TEATRO FIN DE CURSO"

Esta é a nosa programación para o último día de curso:

martes, 17 de junio de 2014

viernes, 13 de junio de 2014

CONTACONTOS

A nosa veciña Eva Tato veunos visitar co seu grupo "ARunRun xogos e enredos para divertirnos e tamén ensinarnos cousas sobre a auga.

“DESPOIS DE ABRIL A AUGA SOLO VEN DETRÁS
DO TAMBORIL”

A través do rico refraneiro galego relacionado coa auga
contaronnos pequenos relatos onde a auga é parte
importante dos contos.
Dependendo das idades os contos fixeron adaptacións para axeitalos a cada ciclo.




miércoles, 11 de junio de 2014

DIPLOMAS

Enviamos aos nosos normalizadores un certificado de recoñecemento polo seu labor a prol da lingua.

jueves, 5 de junio de 2014

VISITA DO ESCRITOR

Hoxe visitounos Mario Pereira, escritor lalinense e autor dun dos libros que traballamos na clase de galego Contos para Manuela. Nos agasallámolo cunha interpretación teatral dun deses contos A palabra. Aquí tedes unha proba:

miércoles, 21 de mayo de 2014

PROGRAMA CULTURAL 2014

PROGRAMA CULTURAL FIN DE CURSO2014

MAIO
-Confección dun macro-mural co poema “Penélope” de XoséMaría Díaz Castro.

- Elaboración da caricatura do escritor no mural de homenaxeados (corredor de Primaria)

- Colocación dos carteis enviados pola Administración.

XUÑO
-Día 5 de xuño: visita do escritor Mario Pereira( Contos para Manuela)

                                          -dramatización (“Unha palabra”)
                                          -entrevista

-Día 12 de xuño: contacontos “A run run xogos e enredos”

- Edición da Revista Furafollas

- Día 20 de xuño: teatro:
                                    -Penélope hoxe( 3ºESO)
                                    -Por amor ao Pop-Art(4º ESO)
                                    -Bon appétit (Primaria)

EDLG “Antonio Faílde”

viernes, 16 de mayo de 2014

PRINCIPIAMOS COA NOSA ENTRADA

Despois de distribuir os carteis enviados pola Consellería sobre Xosé Mª Díaz Castro e de traballar nos distintos ciclos as unidades didácticas sobre o mesmo e, como xa ven sendo habitual por estas datas, colocamos na entrada do colexio algo relativo ao noso homenaxead@. Esta vez foi o poema "Penélope" en letras ben grandes para que todo o mundo poida ler sen anteollos.

lunes, 5 de mayo de 2014

PARTICIPAMOS EN XOGADE

Participamos,como en cursos anteriores, no programa de Orientación Escolar Provincial onde obtivemos uns bos resultados. Manuel Requejo, que participaba por primeira vez nesta disciplina, foi terceiro nesta categoría.

jueves, 1 de mayo de 2014

RECOÑECEMENTO AO LABOR NORMALIZADOR

Estos son os selecionados do CPI Antonio Faílde (Cambeo) para o recoñecemento ao labor normalizador na nosa comarca:

-D. Rafael Nogueiras, cura párroco de Ferreiros (Coles) por utilizar o galego nos actos litúrxicos da parroquia, incluso antes de existir a Lei Normalización Lingüística.

-Asociación "Amigos do Camiño" con sede na antiga escola de Cambeo, pola súa labor de investigación, publicación, sinalización e recuperación de tramos do Camiño de Santiago ao seu paso pola comarca.

-Supermercado "Pincha Precios" (Vilarchao) pola súa publicidade en galego.


INVESTIGAMOS



O alumnado de 6º curso de Primaria elaborou un traballo sobre os escritores ourensáns que se expón nas paredes do colexio.

miércoles, 2 de abril de 2014

REVISTA FURAFOLLAS 2014

ÁNIMO COMPAÑEIROS, XA ESTAMOS NA TERCEIRA AVALIACIÓN E XA SE ACHEGA O VERÁN, AINDA QUE A CHOIVA NON NOS DEIXE VER O SOL.


E XA SABEDES A REVISTA “FURAFOLLAS” ESTÁ AGARDANDO POLOS VOSOS TRABALLOS: historias, contos, refráns e ditos, pasatempos, debuxos, comics…e todo aquello que se vos ocurra e poida caber nunha revista.
AGARDAMOS IMPACIENTES A VOSA CREATIVIDADE E A VOSA CIENCIA

Remata o prazo o 15 de MAIO.





martes, 1 de abril de 2014

LEVAMOS O GALEGO POR EUROPA

Viaxamos por Europa e levamos o galego connosco alí onde imos.
A estas alturas do curso as escolas que están no noso COMENIUS: Hungria, Rumanía, Alemaña, Italia, Polonia e  Portugal, e tamén as familias que acolleron ao noso alumnado; xa saben que temos lingua propia, que falándoa entendémonos perfectamente cos portugueses e que nos serviu para entendermonos en
italiano. Os poloneses son da Galicia polaca e quedamos en averiguar que máis similitudes temos entre nós.
     O tema a tratar e a cultura pop en Europa e os galegos tamén temos algo que aportar.


miércoles, 26 de marzo de 2014

sábado, 1 de marzo de 2014

OS NOSOS MECOS DE ENTROIDO

Os nosos Mecos están chamando ao Entroido tradicional: poñer farrapos vellos para non ser recoñecidos e gastar bromas aos que si coñecemos. Isto non gusta moito aos nosos rapaces e rapazas que prefiren parecer princesiñas ou superheroes. Aínda que os mecos sempre os fan rir, ou darlle medo aos máis pequenos. E a receita contra ese medo é superalo gracias a velos con normalidade.




 

lunes, 24 de febrero de 2014

DÍA de ROSALÍA

Con motivo do nacemento de Rosalía de Castro o EDLG elaborou un panel na entrada do colexio coas frases e poemas máis famosos  da escritora. En fronte outro mural con imaxes POP ART do seu rostro, aproveitando que o colexio está nun COMENIUS e "A cultura Pop en Europa" é o tema a traballar nos distintos colexios europeos (Alemaña, Portugal, Italia, Romanía, Polonia, Bulgaria e nós).