lunes, 23 de noviembre de 2009

Presentación

Ola:

¿Coñécesme?


-Pois eu sonche o Faíldiño, a mascota do ENDL (Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística) do cole. E ...¿sabes a que nos adicamos? ¿Aínda non?


Pois velaí algúns dos nosos cometidos:


- Promoción do uso da nosa lingua en calquera situación ou contexto.


- Programación de actividades relacionadas con distintas celebracións ( O Samaín, O Nadal, O Entroido, O Día da Paz...)


- A Semana das Letras Galegas ocupa un lugar especial desde hai varios anos ( conferencias, entrevistas, representacións teatrais, elaboración de material con lema relativos á lingua...)


- Elaboración da revista escolar "Furafollas"


- Organización de concursos...

O RAP DO FAILDIÑO

¿Ti de onde es?
¡Eu son de Galiza!
¿ E de que colexio?
Eu son o faildiño
e falo galego

Antes de nada
terei que dicirvos
que a nosa lingua
fálase en Asturias,
tamén, como non,
en León
e os zamoranos din…
“xogamos?”


A historia comezou
con uns devanceiros:
os preindoeuropeos
que dixeron ben ledos:
“amorodo”, “caxigo”
e “ carrasco”

Algo máis tarde
chegaron os celtas e dixeron:
“berce, “ carballo”,
“ cervexa”
e logo despois
os romanizadores,
os latinizadores
chegaron e encheron
os nosos arredores.

Xa logo entraron e arrasaron
vándalos e suevos
uns pobos guerreiros
que dixeron :
“xinete”, “frecha”,
“espeto”

E despois que?
despois os árabes,
que entraron polo sul
E dixeron:
“xadrez”, “almanaque”,
“azul”
No século IX
naceu o galego
E un rei castelán,
que era moi sabio,
á nosa señora cantoulle ben ledo

¿Ti de onde es?
¡Eu son de Galiza!
¿E de que colexio?
Eu son faíldiño e falo galego

De boca en boca
trobadores e segreis
nobres e mosteiros
fixeron desta lingua
O centro do universo

Chegaron estranxeiros
e a nosa igrexa
Apuntouse sen rodeos

Nos Séculos Escuros
Non existen documentos
Aínda temos sorte:
contamos con Sarmiento
que xunto a Rosalía,
Curros e Pondal
Trataron o galego
Como se merece

¿Ti de onde es?
¡Eu son de Galiza!
¿E de que colexio?
Eu son faíldiño e falo galego

Tamén as Irmanadades,
¿Cales?
As Irmandades da Fala
que moito o gaban
e tamén o falan

O bo do Castelao,
Risco e Cuevillas
E Otero Pedrayo
Fixeron outro tanto


Pero a nosa lingua
entrou en decadencia,
enfrontouse á guerra,
e tamén á dictadura.
¡Que dura!
O galego sobrevive
Aí está, aí está…
agardando, ser libre
ser libre


¿Ti de onde es?
¡Eu son de Galiza!
¿De que colexio?
Son faildiño e falo galego

Xa na democracia
o galego é oficial.
De alí en diante
Dálle ti,
e ti,
e ti,
prestixio social
Fálao, úsao.
O galego ten que ter
Dereitos a varrer
DEREITOS A VARRER!

jueves, 19 de noviembre de 2009

REGUEIFA ENTRE O SAMAÍN E HALLOWEEN

PRESENTACIÓN

No mes de setembro,
despois das patacas
outubro nos chega
con cara de faba.

E velaí vén novembro,
cheo de castañas
e cunha raíña:
que é a cabaza!
----------------

SAMAÍN: Xa está aquí este "snob"
con cara de medo,
que quere roubarnos
os nosos ancestros.

HALLOWEEN: Mira ti quen fala,
que de non ser por min,
ninguén sabería
quen é Samaín.

SAMAÍN: De orixe común nada
mira ti que cores
laranxa de día,e de noite negro,
mira ti que cara!

HALLOWEEN: Pois ti, espantallo.
¿Con quen te codeas?
Para que o saibas,eu veño de América,
leváronme alí e fíxenme urbano.

S: ¿Con quen me codeo?
Eu, co magosto,
que é do meu tempo.
¿Tes ti, acaso, tan bo compañeiro?

H: Anda, ¡que listo!
Eu son internacional,
en cada país teño colegas
que non me tratan nada mal.

S: Non vaias por aí
de "yes, yes" moderno,
deixándome a min
por can de palleiro.

A ver se te enteras:
eu son vangardista,
enxebre e GALEGO!
¿Decátaste ou non te pispas?


H: Decátome, neno,
e deixa a regueifa,
pois eu, Halloween,
nacín coma ti na cova dos celtas.

martes, 17 de noviembre de 2009

CANTAR DE CEGO


Miñas donas e señores
que facedes o magosto
contovos a receitiña
dunha xente de bo gosto

No lugar de Cambeo,
na provincia de Ourense
cociñaban as castañas
e comíanas ben quentes.

Precísase manteiga,
sal e allo moído,
unha copa de coñac
e un porquiño ben feitiño.

Xúntase todo xuntiño
logo córtase en talladas,
para que saiban en Vigo
como se fan as castañas.

Todo se rega con viño
e con zume de laranxa
para que este bacoriño
saiba ben coas castañas.


EDU e DANI (6º PRIMARIA)

lunes, 16 de noviembre de 2009

Concurso"OUTONANDO"

Este mes de novembro, coíncidindo coa celebración do Samaín, organizouse o concurso "OUTONANDO" no que participou o alumnado de Infantil ( coa decoración de cabazas e outros produtos do outono), Primaria( realización de debuxos e textos alusivos a Samaín e Halloween) e Secundaria ( creación de textos con temática de medo ou misterio )