martes, 20 de noviembre de 2012

Os rapaces e rapazas de 1º curso de Primaria elaboraron estes murais do OUTONO con pinturas e follas recollidas no patio do noso colexio. Un gran traballo, con magníficos resultados!

viernes, 16 de noviembre de 2012

HISTORIAS DE SAMAÍN

A choiva estoupaba contra o chan da rúa. Eu soa no meu cuarto cun libro e unha taza de café, disposta para unha noite sen sono. Todos durmían e, máis alá da luz da miña lámpada de mesa de noite, a casa semellaba escura e fantasmal. Escoitei un petar seco no faiado e subín as escaleiras amodiño. Abrín a porta...non había ninguén... de súpeto a porta pechouse soa, tras de min a lúa apagouse, deixándome coa derradeira visión da cara dunha boneca de porcelana cos ollos do diaño. Berrei.
Desperteime na cama, suando e co corazón revolto. Mirei a hora. As oito e media no meu móbil e unha mensaxe que dicía:
- Que tal a noite de Samaín??
                                                                    LAURA RIVERO 4º ESO



Lémbrome daquel primeiro de novembro, o estourar das castañas sen amoxetar produciame... que sei eu!... cada estralo era unha nova tensión, un estremecemento. Eu xa me botara na cama, máis os ruídos
do demo das castañas seguían a amolarme. Na praza da aldea reuníanse os máis vellos para amedrentar aos que eran coma min, medoñentos e febles. Eu estaba a cavilar no tema cando cesaron os estoupidos e comezaron as sombras...
                      
                                                                 RAÚL e MARÍA JOSÉ 4º ESO


Nas noites máis escuras todo se mantén en calma: rúas solitarias baixo a luz da lúa, cans ladrando, lobos ouveando... Xuntámonos os curmáns e saímos de noite de casa en casa coa famosa frase do "truco ou trato" gañando lambetadas ou perdendo ovos. Carla, amiña curmá máis vella, quixo cruzar un pequeno relato para chegar a unha casa abandonada. Chameina... Non contestaba. Pero vin a imaxe da morte fea e pálida a carón dunha corda. Lisquei... e ELA quedaba berrando por min...

                                                                  NOEMI IGLESIAS 4º ESO