O alumnado de Secundaria investigou sobre algunhas Mulleres Galegas, en anos sucesivos iranse engadindo outras. Chamámoslle "Elas, as Nosas". Este é o resultado:
Coas mellores obras presentadas ao concurso facemos esta exposición. Os premios serán para:
-Alexia Sánchez Vázquez de 3ºde ESO na modalidade de texto literario.
- LucíaBouzas rodríguez de 1º de ESO na modalidade artística.
-Lucía Romero Medina de 4º de Primaria na modalidade artística e literaria.
Hoxe o alumnado de 4º da ESO disfrutou dunha xornada literaria única. Por un lado a función teatral "Medea" e por outro o roteiro literario da "Esmorga". Un día moi completo!
Coas viñetas que o humorista galego Davila, no seu día, fixo para o calendario da universidade amosamos nun mural a diglosia que sufrimos os galegofalantes. Isto permítenos rir ao mesmo tempo que razoamos e nos preguntamos o motivo desta sinrazón.