viernes, 21 de diciembre de 2012




FELICITACIÓN DO NADAL


PREMIADOS NO CONCURSO "OUTONANDO"


PREMIO SECUNDARIA: Laura Rivero 4º ESO
PREMIO PRIMARIA: 5º B
PREMIO INFANTIL: Indira 6 ANOS



lunes, 3 de diciembre de 2012

martes, 20 de noviembre de 2012

Os rapaces e rapazas de 1º curso de Primaria elaboraron estes murais do OUTONO con pinturas e follas recollidas no patio do noso colexio. Un gran traballo, con magníficos resultados!

viernes, 16 de noviembre de 2012

HISTORIAS DE SAMAÍN

A choiva estoupaba contra o chan da rúa. Eu soa no meu cuarto cun libro e unha taza de café, disposta para unha noite sen sono. Todos durmían e, máis alá da luz da miña lámpada de mesa de noite, a casa semellaba escura e fantasmal. Escoitei un petar seco no faiado e subín as escaleiras amodiño. Abrín a porta...non había ninguén... de súpeto a porta pechouse soa, tras de min a lúa apagouse, deixándome coa derradeira visión da cara dunha boneca de porcelana cos ollos do diaño. Berrei.
Desperteime na cama, suando e co corazón revolto. Mirei a hora. As oito e media no meu móbil e unha mensaxe que dicía:
- Que tal a noite de Samaín??
                                                                    LAURA RIVERO 4º ESO



Lémbrome daquel primeiro de novembro, o estourar das castañas sen amoxetar produciame... que sei eu!... cada estralo era unha nova tensión, un estremecemento. Eu xa me botara na cama, máis os ruídos
do demo das castañas seguían a amolarme. Na praza da aldea reuníanse os máis vellos para amedrentar aos que eran coma min, medoñentos e febles. Eu estaba a cavilar no tema cando cesaron os estoupidos e comezaron as sombras...
                      
                                                                 RAÚL e MARÍA JOSÉ 4º ESO


Nas noites máis escuras todo se mantén en calma: rúas solitarias baixo a luz da lúa, cans ladrando, lobos ouveando... Xuntámonos os curmáns e saímos de noite de casa en casa coa famosa frase do "truco ou trato" gañando lambetadas ou perdendo ovos. Carla, amiña curmá máis vella, quixo cruzar un pequeno relato para chegar a unha casa abandonada. Chameina... Non contestaba. Pero vin a imaxe da morte fea e pálida a carón dunha corda. Lisquei... e ELA quedaba berrando por min...

                                                                  NOEMI IGLESIAS 4º ESO

miércoles, 24 de octubre de 2012


                             LENDAS DE OUTONO  polo alumnado de 6º

 
 

lunes, 22 de octubre de 2012

XA COMEZAMOS A NOSA EXPOSICIÓN

A montaxe está lista para expoñer todos os traballos presentados neste outono. Algúns exemplos:

viernes, 5 de octubre de 2012





CONVOCATORIA PARA O CONCURSO “OUTONANDO


Xa está aquí o outono e con el veñen: o mel, as mazás, a vendima, os figos, as noces…

Este ano queremos darlle un enfoque gastronómico aos nosos concursos. Así que propoñémosvos colaborar con traballos relacionados coa alimentación. Por exemplo:

As propiedades nutritivas, curativas, lendas, contos, receitas, refráns, debuxos, manualidades… destes produtos outonizos.

Fai deste OUTONO un pracer para o padal!

Podes empezar xa, tes de prazo ata o Nadal.









viernes, 28 de septiembre de 2012

UN ROTEIRO LITERARIO POR AURIA 

O alumnado do 2º ciclo de ESO vén de facer o roteiro de “A esmorga”.

Visitamos os recantos máis fermosos da cidade (A Praza Maior, A Alameda, As Burgas,..) da man do Bocas e o Milhomes a través dun exercicio de orientación que consistiu en atopar as oito placas de cerámica realizadas por Manolo Figueiras (invitado noso fai dous cursos) que conteñen as citas literarias correspondentes á novela de Don Eduardo Blanco Amor

 



jueves, 27 de septiembre de 2012


Ola blogueiros-dinamizadores da lingua!

Aquí estamos xa dándolle á lingua de cheo.

E ti, que nos contas na lingua Nai?
 

Andaches aos biosbardos?

Botaches a lingua a pacer polas praias de Galicia ou quedaches na casa mirando para os estorniños?

Pois agora ponte as pilas porque chega o outono, iremos outonando e tamén falando.

Non cales, USA A TÚA LINGUA!

 

jueves, 28 de junio de 2012

E CHEGOU O FINAL DE CURSO

PROGRAMA DO NOSO TEATRO



AS NOSAS Letras 2012

Come e fala! Deste xeito nomeamos a actividade teatral correspondente a esta fin de curso. Chamámola así porque está relacionada coa gastronomía e coa lingua. Porque comer e falar, todo é empezar.

RESTAURANTE FARRUCO
Baseada na obra de Chus Pereiro co mesmo título.

SINOPSE;
Un xantar no “Restaurante Farruco” onde os comensais son atendidos polo camareiro, a cociñeira e o seu axudante. Todo en clave de humor e xogando coa rima.

INTÉRPRETES:
Andrea López (Anunciante)
Ana Santeiro (Muller)
Yovanna de la Torre (O home)
Brais Fernández (O rei)
Andrea Rodríguez (Camareiro Farruco)
Uxía González (Cociñeira siña Manuela)
Nerea Pereira( Axudante de cociña)
Paula Blanco (A galiña)
Carolina Nogueira (O choco)
Enma Álvarez (O porco)

MARÍA JESÚS PEREIRO SANTOS (1957) é mestra de Educación Primaria nun centro público de Vigo onde dirixe talleres de teatro infantil para o que escribe as súas propias obras. Autora dramática, as súas obras caracterízanse polo humor e a intención lúdica e participativa dos rapaces.

                             A BIFIDADA ( II )

Baseada na obra de MANUEL NÚÑEZ SINGALA, Comedia bífida

SINOPSE:
O idioma propio é a expresión máis xenuina dun pobo. Pero a nosa é uhna lingua bífida, coma a das serpes porque decote mudámola por outra que nos acae mellor, segundo a ocasión. E entón estamos perdidos porque perdemos a identidade . Iso é o que lles acontece a Lina e Lana dúas irmás galegas que andan pola vida cunha lingua prestada. E o peor de todo …e que non se dan de conta.

INTÉRPRETES:
Aiisa Sow Nogueira ( Presentadora)
Lía pereira Lappin(Lana)
Lucía Puga Ledo (Lina)
Francisco Blanco Fernández( Xuíz)
Déborah Fernández Rodríguez( Avogada defensora)
José Daniel Fernández Sotelo (Fiscal)
David Rodríguez Rodríguez (Oficial)

MANUEL NÚÑEZ SINGALA:
ATerra Chá é a súa primeira patria. Máis tarde, múdase a Compostela onde estuda e traballa.
 Estudou Filoloxía Galega desde o ano 1988, é director do Servizo de Normalización Lingüística, en Compostela. Obras destacadas: O achado do Castro, Mar de fondo, Menú de enganos... .

                      OS COMEDORES DE PATACAS

Baseada na obra homónima de MANUEL RIVAS

SINOPSE:
Os galegos non fixeron ningunha guerra desde que comen patacas. Participaron nalgunha pero sempre á forza. Se cadra comer patacas ten moito que ver coa súa actitude pacífica, porque el ha de comer patacas con carne, non carne con patacas. Neste caso a orde de factores altera o produto.

INTÉRPRETES:
Martín Martínez Rodríguez (Presentador)
Noemí Iglesias Caamaño (Presentadora)
Alex Vázquez Dacal (Comensal 1)
Raúl Iglesias Náñez (Comensal 2)
Fátima Iglesias Pérez( Camareira)
Mª José Perez Sas ( Flora)

MANUEL RIVAS é escritor e xornalista.Tamén é membro da Real Academia Galega. É un dos escritores máis importantes da literatura galega actual e con maior proxección internacional , pois as súas obras foron traducidas a moitos idiomas. Algunhas delas, foron adaptadas ao cine , como O lapis do carpinteiro ou A lingua das bolboretas.

martes, 12 de junio de 2012

  OUTRA IDEA PARA A CONMEMORACIÓN DOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS


                                     Os cincuenta autores homenaxeados nun panel visual

viernes, 8 de junio de 2012

O día 7 de xuño véunos visitar TINO BAZ.

Este cantautor de A Guarda que amosou dende cativo paixón pola música e o canto, deleitounos coa súa voz e o dominio de varios instrumentos musicais (zanfoña, gaita e guitarra).

Anteriormente foi membro do grupo “A Roda”, estivo en estreita relación con outros como “Fuxan os Ventos”, “A Quenlla”...

Actualmente é mestre de gaita e pandeireta na zona do Baixo Miño e imparte charlas e concertos en centros de ensino.

No noso colexio fixo tres sesións. Unha para Infantil e 1º ciclo de Primaria, outra para 2º e 3º ciclos de Primaria e unha terceira para Secundaria. Os poemas musicados foron da nosa Rosalía de Castro e de Manuel María, pero nós tamén contribuímos enviándolle primeiro un “Cantar de Cego” coa vida de Valentín Paz Andrade para que el nolo cantara.

Todos quedamos encantados coa súa visita, e el tamén nos felicitou pola nosa adicación.

Aquí van algunhas fotos do momento:

jueves, 7 de junio de 2012

COLABORAMOS COA BIBLIOTECA
O EDLG confecionou  marcapáxinas para a conmemoración  do ano de Celso Emilio Ferreiro        (100 anos do seu nacemento).

Tamén Álvaro Cunqueiro mereceu o noso intrese (homenáxeado o ano anterior) con alusións ás súas obras.


Ver o enlace co seguinte vídeo:

Letras galegas 2012 on PhotoPeach



miércoles, 16 de mayo de 2012

COÑECEMOS AVALENTÍN PAZ-ANDRADE

Debuxámolo no noso panel de homenaxeados polo Día das Letras Galegas:
               

Elaboramos en tamaño xigante un poema seu para expoñer na entrada do colexio:

martes, 15 de mayo de 2012

CELEBRAMOS O DÍA DE EUROPA
A profesora responsable do Portfolio Europeo das Linguas pídelle colaboración a todos os ciclos, departamentos e  tamén ao EDLG  para elaborar un poster xigante. Esta é a nosa aportación:

Un cartel sobre o Galego, lingua minoritaria europea.

domingo, 6 de mayo de 2012


                     AXENDA CULTURAL            LETRAS GALEGAS  2012



Última quincena de  Maio
Exposición a gran tamaño dun poema de Valentín Paz Andrade. Traballo nas aulas con motivo das Letras Galegas.Debuxo do autor no panel de homenaxeados.
Primeira semana de Xuño
Visita do cantautor galego Tino Baz en tres sesións para Infantil e 1º ciclo de Primaria, para o resto de Primaria e para toda a Secundaria. Seguiremos aprendendo de Paz Andrade e outros autores galegos.
Segunda semana de Xuño
Publicación da revista “Furafollas” con traballos realizados por alumnado e profesorado do centro.
Última semana de Xuño
Dramatizacións das obras teatrais preparadas para a ocasión: “O comedor de Patacas” (versión adaptada da obra de Manuel Rivas), “Xuízo á Lingua” (versión de “A lingua bífida” de Nuñez Singala) e “O restaurante Farruco” de Chus Pereiro.


domingo, 15 de abril de 2012

PARTICIPAMOS EN "XOGADE"

PARTICIPAMOS EN "XOGADE"

       O día 22 de marzo comezou o Campionato Provincial de "Competición Deportiva de Orientación" no Carballiño. Nós estivemos alí co alumnado de 2º e 3º de ESO.
       O día 27 cos clasificados estivemos no Campionato Galego en Lugo. Raúl Iglesias por segundo ano consecutivo estará no Campionato Nacional en Cantabria proximamente.

       Aquí vai algunha proba:

martes, 13 de marzo de 2012










XA ESTÁ AQUÍ A PRIMAVERA E AS GAÑAS DE ENSOÑACIÓN.
SE TES ALGUNHA IDEA PARA A REVISTA FURAFOLLAS NON DUBIDES EN PLASMALA NUN PAPEL E PRESENTALA PARA QUE SEXA PUBLICADA (TAMÉN PODES TRAELA NUN"PEN")

ASÍ PASARÁS A FORMAR PARTE DOS COLABORADORES DA REVISTA E DO CLUBE DOS FAILDIÑOS MÁIS CREATIVOS DESTE COLEXIO.

martes, 28 de febrero de 2012

PREMIADOS NO CONCURSO “NAMÓRAME EN GALEGO”

PREMIO EDUCACIÓN INFANTIL: Indira 4 anos
PREMIO NARRACIÓN PRIMARIA: colectivo 5º
PREMIO NARRACIÓN SECUNDARIA: Elena Valcárcel 2ºESO
PREMIO POESÍA PRIMARIA:Ana Santeiro 6ºB
PREMIO POESÍA SECUNDARIA: Raúl Iglesias 3ºESO
PREMIO ORIXINALIDADE: Julia Lecuona 6ºA Primaria

jueves, 16 de febrero de 2012

DOR, ALMA E AMOR

Amor que mantés viva a miña alma,
Murcha coma unha flor de outono,
Amor sen amores, amor sono
Amor coma as mareas vivas ¿ cando virá a calma?

Por que ,rosa, ti representas ao amor?
Pica, feres e danas
Coas túas espiñas cravadas
Ando vagando nesta cidade de medo e dor .

Cantas veces me enganei e cantas o fixen!
Canto amor de min por vós e de vós por outro
Namorados sen amor, namorados que finxen.

Naquel souto dourado
Bicáchesme e biqueite
e hoxe cámbiasme por…

RAÚL IGLESIAS YÁÑEZ ( 3º ESO)


DECLARARME OU CALARME?

O amor chamou ás miñas portas sen que eu o invitase. Metícheste no meu corazón fácilmente e moi rápido, pero levo moito tempo querendo que saias e resúltame imposble. Domínamme os teus ollos, as túas ganas de vivir, a túa amabilidade… Cando te vexo, o meu corazón latexa rápido e lento á vez. A respiración cortáseme e non sei se falarche ou mirarte en silencio, disfrutando da túa compaña.
Encantaríame dicirche todo o que sinto. Pero é iso ou que todo se perda entre ti e mais eu. Prefiro sufrir en silencio e poder estar contigo, aínda que non como eu quero, ca perderte para sempre.
Todo está na miña contra: a familia, a timidez… Intento de todos os xeitos chamar a túa atención e que te deas de conta dunha vez do que me pasa contigo, pero ti non te decatas.
Tamén quero disimular que deixei de pensar en ti e con algunhas persoas éme moi difícil.
Agora despídome de ti:


ÁMOTE E QUÉROTE

BICOS

FÁTIMA IGLESIAS 3ºESO


DAQUELO CHAMADO AMOR

Daquelo chamado amor
Non sei moi ben a súa rubor
É coma seda pero ás veces suor
Sofres, ris e amas por amor

Ensinoume el a saber quen era
Pero tamén me ensinou a crer de dúas maneiras,
Dúas caras, dous sentimentos
E que o destino marcábao o desexo.

Aquilo chamado o amor
Pode durar unha vida
Ou só cuestión de días.

A distancia de dous corazóns
Nunca pode apartar
Dúas almas verdadeiras.
Nacidas para estar xuntas
Unha vida enteira.

ALBA VÁZQUEZ ULLOA 3ºESO

miércoles, 11 de enero de 2012

CONCURSO "NAMÓRAME EN GALEGO"

Cartas, poemas, narracións, debuxos, slogans, diálogos, SMSs, manualidades... e todo o que se che ocorra que teña relación co amor e a amizade.

Recollida de traballos ata o 15 de febreiro.


¡ÁNIMO, a imaxinación non ten cancelas!