viernes, 8 de junio de 2012

O día 7 de xuño véunos visitar TINO BAZ.

Este cantautor de A Guarda que amosou dende cativo paixón pola música e o canto, deleitounos coa súa voz e o dominio de varios instrumentos musicais (zanfoña, gaita e guitarra).

Anteriormente foi membro do grupo “A Roda”, estivo en estreita relación con outros como “Fuxan os Ventos”, “A Quenlla”...

Actualmente é mestre de gaita e pandeireta na zona do Baixo Miño e imparte charlas e concertos en centros de ensino.

No noso colexio fixo tres sesións. Unha para Infantil e 1º ciclo de Primaria, outra para 2º e 3º ciclos de Primaria e unha terceira para Secundaria. Os poemas musicados foron da nosa Rosalía de Castro e de Manuel María, pero nós tamén contribuímos enviándolle primeiro un “Cantar de Cego” coa vida de Valentín Paz Andrade para que el nolo cantara.

Todos quedamos encantados coa súa visita, e el tamén nos felicitou pola nosa adicación.

Aquí van algunhas fotos do momento:

No hay comentarios:

Publicar un comentario