martes, 18 de mayo de 2021

LG2021 . FELIZ DÍA DA NOSA LINGUA!

Como xa sabedes, o Día das Letras Galegas ( 17 de maio)  é unha celebración instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que  destacasen pola súa creación literaria no idioma galego, ou pola súa defensa .

 O CPI encheuse de diferentes actividades en homenaxe a Xela Arias Castaño ,persoa escollida para ser homenaxeada este ano , que xa fora proposta anteriormente en dúas ocasións.

Houbo decoración de corticeiras  , lectura de Kamishibai, resolución de cuestionarios ....e non podía  faltar actuaciónmusical. (Himno Galego)

Mural no hall da entrada cos nosos termos








O alumnado fixo diferentes acrósticos. 




Crearon un retrato de Xela Arias digno de estar nas mellores salas de exposcións😜



O alumnado de 3º B elaboraron un KAMISHIBAI sobre a vida de Xela Arias , que despois contaron aos compañeiros de educación infantil.

E preguntárdesvos, que é un KAMISHIBAI?

Un KAMISHIBAI é unha forma de contar historias orixinaria de Xapón, que combina imaxes e textos










Tamén traballaron , coa axuda dun cuestionario, diferentes aspectos relacionados coa vida e obra da autora.




viernes, 14 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

 O Día das Letras Galegas festexa a figura e  a obra de  XELA ARIAS.

Coñece un pouco máis sobre a poeta facendo clic nesta ligazón.


 

Agora pon a proba os teus coñecementos con estes xogos.