viernes, 23 de febrero de 2018

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

Para celebrar este día especial a biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística Galega prepararon actividades especiais:
En Secundaria o alumnado confecionou foto-poemas e debuxo-poemas de Rosalía de Castro para unha posterior  visualización na entrada do colexio, imitando fiestras.

En Primaria o alumnado de 5º e 6º preparou poemas de Rosalía para recitarllelos aos máis pequenos.

En Infantil disfrutaron dos poemas de Rosalía recitados, escenificados e incluso cantados.


viernes, 9 de febrero de 2018

CELEBRANDO O ENTROIDO

Chegou o día de poñer á vista todo o noso traballo destes días. Hoxe, venres pola tarde, invitamos aos pais e nais do noso alumnado para que viran o noso desfile.
"No corazón da fraga" de Fdez Naval servíu de inspiración para o noso guión:
Comezamos co desfile de árbores da fraga, despois cogumelos e flores silvestres, a chuvia e os arcos da vella tamén fixeron asúa aparición, seguiron algúns dos animaliños (mouchos, coellos e osos) que habitan no corazón do bosque e rematamos cun toque de fantasía que puxeron os máis pequenos inundando de elfos o noso espazo. Todo isto amenizado con música axeitada a cada comparsa.
Foi unha lástima que o tempo non nos permitira a celebración no patio ao aire libre. Tivemos que transladarnos ao ximnasio e alí todo foi máis reducido.
              



 




lunes, 5 de febrero de 2018

ENTROIDO NA ESCOLA



Como vén sendo habitual nesta época, o centro engalánase para celebrar esta festa tan tradicional e tamén tan máxica. Neste concello, nun lugar chamado Vilarnaz, celébrase tradicionalmente un Entroido moi concurrido. E nós intentamos recoller esa tradición local para axeitala á nosa realidade.
Poñemos os nosos mecos, case sempre unha parella, na entrada do centro engalanados con roupas existentes no  armario de vestiario. E ao seu carón os mandados que os mecos irán cambiando diariamente ao longo desta semana anterior á festa.
Presentamos a proposta de disfrazarnos de Ecosistema de bosque galego e así cada grupo de alumnos e alumnas por nivel elexiron en concreto a súa maneira de contribuir. Así uns irán de árbores, outros de flores silvestres, de animais, de cogumelos... O venres pola tarde escenificaremos o acto final.