domingo, 6 de mayo de 2012


                     AXENDA CULTURAL            LETRAS GALEGAS  2012



Última quincena de  Maio
Exposición a gran tamaño dun poema de Valentín Paz Andrade. Traballo nas aulas con motivo das Letras Galegas.Debuxo do autor no panel de homenaxeados.
Primeira semana de Xuño
Visita do cantautor galego Tino Baz en tres sesións para Infantil e 1º ciclo de Primaria, para o resto de Primaria e para toda a Secundaria. Seguiremos aprendendo de Paz Andrade e outros autores galegos.
Segunda semana de Xuño
Publicación da revista “Furafollas” con traballos realizados por alumnado e profesorado do centro.
Última semana de Xuño
Dramatizacións das obras teatrais preparadas para a ocasión: “O comedor de Patacas” (versión adaptada da obra de Manuel Rivas), “Xuízo á Lingua” (versión de “A lingua bífida” de Nuñez Singala) e “O restaurante Farruco” de Chus Pereiro.


domingo, 15 de abril de 2012

PARTICIPAMOS EN "XOGADE"

PARTICIPAMOS EN "XOGADE"

       O día 22 de marzo comezou o Campionato Provincial de "Competición Deportiva de Orientación" no Carballiño. Nós estivemos alí co alumnado de 2º e 3º de ESO.
       O día 27 cos clasificados estivemos no Campionato Galego en Lugo. Raúl Iglesias por segundo ano consecutivo estará no Campionato Nacional en Cantabria proximamente.

       Aquí vai algunha proba:

martes, 13 de marzo de 2012










XA ESTÁ AQUÍ A PRIMAVERA E AS GAÑAS DE ENSOÑACIÓN.
SE TES ALGUNHA IDEA PARA A REVISTA FURAFOLLAS NON DUBIDES EN PLASMALA NUN PAPEL E PRESENTALA PARA QUE SEXA PUBLICADA (TAMÉN PODES TRAELA NUN"PEN")

ASÍ PASARÁS A FORMAR PARTE DOS COLABORADORES DA REVISTA E DO CLUBE DOS FAILDIÑOS MÁIS CREATIVOS DESTE COLEXIO.

martes, 28 de febrero de 2012

PREMIADOS NO CONCURSO “NAMÓRAME EN GALEGO”

PREMIO EDUCACIÓN INFANTIL: Indira 4 anos
PREMIO NARRACIÓN PRIMARIA: colectivo 5º
PREMIO NARRACIÓN SECUNDARIA: Elena Valcárcel 2ºESO
PREMIO POESÍA PRIMARIA:Ana Santeiro 6ºB
PREMIO POESÍA SECUNDARIA: Raúl Iglesias 3ºESO
PREMIO ORIXINALIDADE: Julia Lecuona 6ºA Primaria

jueves, 16 de febrero de 2012

DOR, ALMA E AMOR

Amor que mantés viva a miña alma,
Murcha coma unha flor de outono,
Amor sen amores, amor sono
Amor coma as mareas vivas ¿ cando virá a calma?

Por que ,rosa, ti representas ao amor?
Pica, feres e danas
Coas túas espiñas cravadas
Ando vagando nesta cidade de medo e dor .

Cantas veces me enganei e cantas o fixen!
Canto amor de min por vós e de vós por outro
Namorados sen amor, namorados que finxen.

Naquel souto dourado
Bicáchesme e biqueite
e hoxe cámbiasme por…

RAÚL IGLESIAS YÁÑEZ ( 3º ESO)


DECLARARME OU CALARME?

O amor chamou ás miñas portas sen que eu o invitase. Metícheste no meu corazón fácilmente e moi rápido, pero levo moito tempo querendo que saias e resúltame imposble. Domínamme os teus ollos, as túas ganas de vivir, a túa amabilidade… Cando te vexo, o meu corazón latexa rápido e lento á vez. A respiración cortáseme e non sei se falarche ou mirarte en silencio, disfrutando da túa compaña.
Encantaríame dicirche todo o que sinto. Pero é iso ou que todo se perda entre ti e mais eu. Prefiro sufrir en silencio e poder estar contigo, aínda que non como eu quero, ca perderte para sempre.
Todo está na miña contra: a familia, a timidez… Intento de todos os xeitos chamar a túa atención e que te deas de conta dunha vez do que me pasa contigo, pero ti non te decatas.
Tamén quero disimular que deixei de pensar en ti e con algunhas persoas éme moi difícil.
Agora despídome de ti:


ÁMOTE E QUÉROTE

BICOS

FÁTIMA IGLESIAS 3ºESO


DAQUELO CHAMADO AMOR

Daquelo chamado amor
Non sei moi ben a súa rubor
É coma seda pero ás veces suor
Sofres, ris e amas por amor

Ensinoume el a saber quen era
Pero tamén me ensinou a crer de dúas maneiras,
Dúas caras, dous sentimentos
E que o destino marcábao o desexo.

Aquilo chamado o amor
Pode durar unha vida
Ou só cuestión de días.

A distancia de dous corazóns
Nunca pode apartar
Dúas almas verdadeiras.
Nacidas para estar xuntas
Unha vida enteira.

ALBA VÁZQUEZ ULLOA 3ºESO