lunes, 22 de octubre de 2012
viernes, 5 de octubre de 2012
CONVOCATORIA PARA O CONCURSO “OUTONANDO”
Xa está aquí o outono e con el veñen: o mel, as mazás, a vendima, os figos, as noces…
Este ano queremos darlle un enfoque gastronómico aos nosos concursos. Así que propoñémosvos colaborar con traballos relacionados coa alimentación. Por exemplo:
As propiedades nutritivas, curativas, lendas, contos, receitas, refráns, debuxos, manualidades… destes produtos outonizos.
Podes empezar xa, tes de prazo ata o Nadal.
viernes, 28 de septiembre de 2012
UN ROTEIRO LITERARIO POR AURIA
O alumnado do 2º ciclo de ESO vén de facer o roteiro de “A esmorga”.
Visitamos os recantos máis fermosos da cidade (A Praza Maior, A Alameda, As Burgas,..) da man do Bocas e o Milhomes a través dun exercicio de orientación que consistiu en atopar as oito placas de cerámica realizadas por Manolo Figueiras (invitado noso fai dous cursos) que conteñen as citas literarias correspondentes á novela de Don Eduardo Blanco Amor
O alumnado do 2º ciclo de ESO vén de facer o roteiro de “A esmorga”.
Visitamos os recantos máis fermosos da cidade (A Praza Maior, A Alameda, As Burgas,..) da man do Bocas e o Milhomes a través dun exercicio de orientación que consistiu en atopar as oito placas de cerámica realizadas por Manolo Figueiras (invitado noso fai dous cursos) que conteñen as citas literarias correspondentes á novela de Don Eduardo Blanco Amor
jueves, 27 de septiembre de 2012
Ola
blogueiros-dinamizadores da lingua!
Aquí
estamos xa dándolle á lingua de cheo.
E ti,
que nos contas na lingua Nai?
Andaches
aos biosbardos?
Botaches
a lingua a pacer polas praias de Galicia ou quedaches na casa mirando para os
estorniños?
Pois
agora ponte as pilas porque chega o outono, iremos outonando e tamén falando.
Non
cales, USA A TÚA LINGUA!
jueves, 28 de junio de 2012
PROGRAMA DO NOSO TEATRO
AS NOSAS Letras 2012
Come e fala! Deste xeito nomeamos a actividade teatral correspondente a esta fin de curso. Chamámola así porque está relacionada coa gastronomía e coa lingua. Porque comer e falar, todo é empezar.
RESTAURANTE FARRUCO
Baseada na obra de Chus Pereiro co mesmo título.
SINOPSE;
Un xantar no “Restaurante Farruco” onde os comensais son atendidos polo camareiro, a cociñeira e o seu axudante. Todo en clave de humor e xogando coa rima.
INTÉRPRETES:
Andrea López (Anunciante)
Ana Santeiro (Muller)
Yovanna de la Torre (O home)
Brais Fernández (O rei)
Andrea Rodríguez (Camareiro Farruco)
Uxía González (Cociñeira siña Manuela)
Nerea Pereira( Axudante de cociña)
Paula Blanco (A galiña)
Carolina Nogueira (O choco)
Enma Álvarez (O porco)
MARÍA JESÚS PEREIRO SANTOS (1957) é mestra de Educación Primaria nun centro público de Vigo onde dirixe talleres de teatro infantil para o que escribe as súas propias obras. Autora dramática, as súas obras caracterízanse polo humor e a intención lúdica e participativa dos rapaces.
A BIFIDADA ( II )
Baseada na obra de MANUEL NÚÑEZ SINGALA, Comedia bífida
SINOPSE:
O idioma propio é a expresión máis xenuina dun pobo. Pero a nosa é uhna lingua bífida, coma a das serpes porque decote mudámola por outra que nos acae mellor, segundo a ocasión. E entón estamos perdidos porque perdemos a identidade . Iso é o que lles acontece a Lina e Lana dúas irmás galegas que andan pola vida cunha lingua prestada. E o peor de todo …e que non se dan de conta.
INTÉRPRETES:
Aiisa Sow Nogueira ( Presentadora)
Lía pereira Lappin(Lana)
Lucía Puga Ledo (Lina)
Francisco Blanco Fernández( Xuíz)
Déborah Fernández Rodríguez( Avogada defensora)
José Daniel Fernández Sotelo (Fiscal)
David Rodríguez Rodríguez (Oficial)
MANUEL NÚÑEZ SINGALA:
ATerra Chá é a súa primeira patria. Máis tarde, múdase a Compostela onde estuda e traballa.
Estudou Filoloxía Galega desde o ano 1988, é director do Servizo de Normalización Lingüística, en Compostela. Obras destacadas: O achado do Castro, Mar de fondo, Menú de enganos... .
OS COMEDORES DE PATACAS
Baseada na obra homónima de MANUEL RIVAS
SINOPSE:
Os galegos non fixeron ningunha guerra desde que comen patacas. Participaron nalgunha pero sempre á forza. Se cadra comer patacas ten moito que ver coa súa actitude pacífica, porque el ha de comer patacas con carne, non carne con patacas. Neste caso a orde de factores altera o produto.
INTÉRPRETES:
Martín Martínez Rodríguez (Presentador)
Noemí Iglesias Caamaño (Presentadora)
Alex Vázquez Dacal (Comensal 1)
Raúl Iglesias Náñez (Comensal 2)
Fátima Iglesias Pérez( Camareira)
Mª José Perez Sas ( Flora)
MANUEL RIVAS é escritor e xornalista.Tamén é membro da Real Academia Galega. É un dos escritores máis importantes da literatura galega actual e con maior proxección internacional , pois as súas obras foron traducidas a moitos idiomas. Algunhas delas, foron adaptadas ao cine , como O lapis do carpinteiro ou A lingua das bolboretas.
viernes, 15 de junio de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



