Con motivo do nacemento de Rosalía de Castro o EDLG elaborou un panel na entrada do colexio coas frases e poemas máis famosos da escritora. En fronte outro mural con imaxes POP ART do seu rostro, aproveitando que o colexio está nun COMENIUS e "A cultura Pop en Europa" é o tema a traballar nos distintos colexios europeos (Alemaña, Portugal, Italia, Romanía, Polonia, Bulgaria e nós).

lunes, 24 de febrero de 2014
miércoles, 19 de febrero de 2014
NAMORADOS EN ACCIÓN
O AMOR...
o amor é un sentimento
no que sobran as palabras,
con un so xesto,
xa podes quedar namorado.
E con esa mirada
que a min tanto me gusta
xa non me fai falta máis nada
Andrea Rguez Cortiñas
O amor é bicarte nos teus beizos de caramelo,
mirarche cara os ollos e sentir a cor azul ceo.
O amor é coma a choiva, ás veces cae moito
e outras cae pouco.
Eu regalariache unha rosa e un poema
pero iso para min é un problema.
Brais Nóvoa
jueves, 6 de febrero de 2014
miércoles, 29 de enero de 2014
CONVOCATORIA do concurso "NAMÓRAME EN GALEGO"
Cartas, poemas, narracións, debuxos, slogans, diálogos, SMSs, whatsapps, manualidades... e todo o que se che ocorra que teña relación co amor, a amizade, a paz e os anceios de gustar a outros.
Recollida de traballos ata o 28 de febreiro. ¡Ádiante, ao imaxinación ao poder!
lunes, 27 de enero de 2014
ROTEIRO de "A ESMORGA"
Xa no primeiro trimestre o alumnado de ESO desprazouse ata Ourense para realizar , coma noutras ocasións o roteiro de A esmorga. Foi unha actividade literario-deportiva,os alumnos levaban por grupos un mapa de orientación para atopar cada una das placas e, identificado o achadego, procedían á lectura en voz alta de cada unha delas, facendo comentarios sobre a lingua de Cibrán Canedo, o narrador da novela. O máis chamativo foi o entusiasmo dos rapaces por atopar as placas e o gañador foi o grupo de Kevin Biéitez, de 2ºB, que foi agasallado cun roteiro plastificado a toda cor.
miércoles, 18 de diciembre de 2013
MES DE DECEMBRO, MES DE NADAL
CÁLIDO DECEMBRO
Decembro é mes de matanzas e nadal, de comer quentiño. De tomar café e facer filigranas coa súa escuma mentres desfrutas da mellor conversación.
Decembro ha de ser quente se o coces ben e a lume lento.
É tempo de comezo e remate: un folio en branco sobre fondo gris para rescribir o guión da vida.
Decembro é cándido se dás un paseo polas nubes e sentas nelas a escoitar o mellor conto do mundo.
É cándido se en cada val reparas nas casas cal cachimbas botando fume branco co que se fan os mellores doces de merengue e nata. Tan branco coma os abrazos.
Este decembro ha ser branco e doce, de iogur e marmelo, porque o has de mirar con lentes de cerca e lúa chea.
domingo, 15 de diciembre de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






