miércoles, 21 de mayo de 2014

PROGRAMA CULTURAL 2014

PROGRAMA CULTURAL FIN DE CURSO2014

MAIO
-Confección dun macro-mural co poema “Penélope” de XoséMaría Díaz Castro.

- Elaboración da caricatura do escritor no mural de homenaxeados (corredor de Primaria)

- Colocación dos carteis enviados pola Administración.

XUÑO
-Día 5 de xuño: visita do escritor Mario Pereira( Contos para Manuela)

                                          -dramatización (“Unha palabra”)
                                          -entrevista

-Día 12 de xuño: contacontos “A run run xogos e enredos”

- Edición da Revista Furafollas

- Día 20 de xuño: teatro:
                                    -Penélope hoxe( 3ºESO)
                                    -Por amor ao Pop-Art(4º ESO)
                                    -Bon appétit (Primaria)

EDLG “Antonio Faílde”

viernes, 16 de mayo de 2014

PRINCIPIAMOS COA NOSA ENTRADA

Despois de distribuir os carteis enviados pola Consellería sobre Xosé Mª Díaz Castro e de traballar nos distintos ciclos as unidades didácticas sobre o mesmo e, como xa ven sendo habitual por estas datas, colocamos na entrada do colexio algo relativo ao noso homenaxead@. Esta vez foi o poema "Penélope" en letras ben grandes para que todo o mundo poida ler sen anteollos.

lunes, 5 de mayo de 2014

PARTICIPAMOS EN XOGADE

Participamos,como en cursos anteriores, no programa de Orientación Escolar Provincial onde obtivemos uns bos resultados. Manuel Requejo, que participaba por primeira vez nesta disciplina, foi terceiro nesta categoría.

jueves, 1 de mayo de 2014

RECOÑECEMENTO AO LABOR NORMALIZADOR

Estos son os selecionados do CPI Antonio Faílde (Cambeo) para o recoñecemento ao labor normalizador na nosa comarca:

-D. Rafael Nogueiras, cura párroco de Ferreiros (Coles) por utilizar o galego nos actos litúrxicos da parroquia, incluso antes de existir a Lei Normalización Lingüística.

-Asociación "Amigos do Camiño" con sede na antiga escola de Cambeo, pola súa labor de investigación, publicación, sinalización e recuperación de tramos do Camiño de Santiago ao seu paso pola comarca.

-Supermercado "Pincha Precios" (Vilarchao) pola súa publicidade en galego.


INVESTIGAMOS



O alumnado de 6º curso de Primaria elaborou un traballo sobre os escritores ourensáns que se expón nas paredes do colexio.

miércoles, 2 de abril de 2014

REVISTA FURAFOLLAS 2014

ÁNIMO COMPAÑEIROS, XA ESTAMOS NA TERCEIRA AVALIACIÓN E XA SE ACHEGA O VERÁN, AINDA QUE A CHOIVA NON NOS DEIXE VER O SOL.


E XA SABEDES A REVISTA “FURAFOLLAS” ESTÁ AGARDANDO POLOS VOSOS TRABALLOS: historias, contos, refráns e ditos, pasatempos, debuxos, comics…e todo aquello que se vos ocurra e poida caber nunha revista.
AGARDAMOS IMPACIENTES A VOSA CREATIVIDADE E A VOSA CIENCIA

Remata o prazo o 15 de MAIO.





martes, 1 de abril de 2014

LEVAMOS O GALEGO POR EUROPA

Viaxamos por Europa e levamos o galego connosco alí onde imos.
A estas alturas do curso as escolas que están no noso COMENIUS: Hungria, Rumanía, Alemaña, Italia, Polonia e  Portugal, e tamén as familias que acolleron ao noso alumnado; xa saben que temos lingua propia, que falándoa entendémonos perfectamente cos portugueses e que nos serviu para entendermonos en
italiano. Os poloneses son da Galicia polaca e quedamos en averiguar que máis similitudes temos entre nós.
     O tema a tratar e a cultura pop en Europa e os galegos tamén temos algo que aportar.