miércoles, 29 de abril de 2015

CONVOCATORIA

                                          REVISTA FURAFOLLAS


Convocamos a presentación de  todo tipo de traballos para incluir na revista deste curso:
portadas, comics, debuxos, contos, adiviñas, refráns, poemas, pasatempos... e un sinfín de posibilidades.
Poñer a mente a funcionar porque xa queda pouco. O último día para recollelos será o 20 de maio.
                                         ÁNIMO FAILDIÑOS!





Ánimo faildiños!
o tempo é pouco
e o que o perde
caseque un louco.

jueves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

Celebramos o "Día do Libro" con actividades dentro e fora da biblioteca.
Dentro proxectamos contos na hora do recreo narrados por alumnado de 5º de Primaria.
Fora representaron estes mesmos alumnos un conto de animais para o alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria.
Na entrada do colexio armamos un tendedeiro con roupa na estaban escritas frases famosas sobre os libros e a lectura.

jueves, 16 de abril de 2015

GAÑADORES DO CONCURSO

GAÑADORES DO CONCURSO "NAMÓRAME EN GALEGO"

ESO: Andrea López Villa
PRIMARIA: Lucía Diz e Abel Padrón
INFANTIL: Daniel Imray e Brais López
Todos os participantes obteñen de premio un libriño coa primeira historia de Faildiño.

viernes, 27 de marzo de 2015

PARTICIPAMOS EN XOGADE

Onte participamos no Campionato Galego de Orientación Escolar en Monterrei (Ourense) e, como vén sendo habitual, conseguimos un terceiro premio.
 Participaban 2º e  3º de ESO



 

PLANTAMOS UN FAILDIÑO

Esta semana fixemos una plantación de tres acivros e a un deles puxémoslle o nome da nosa mascota.

jueves, 26 de marzo de 2015

REFRÁNS 2º TRIMESTRE

Seguimos ilustrando e difundindo refráns populares sobre alimentos e alimentación no comedor do centro: