sábado, 20 de junio de 2015

PROGRAMA FIN DE CURSO

Esta é a programación para o último día de curso:
 

lunes, 8 de junio de 2015

EXPOSICIÓN DE COMICS

                                               EXPOSICIÓN DE COMICS
Colocamos a nosa exposición de comics na entrada do colexio para recibir aos nosos invitados europeos do programa COMENIUS e nun lugar destacado os premiados. Os comics están escritos nos catro idiomas que estudamos: galego, castelán, inglés e francés.
 
     






viernes, 5 de junio de 2015

CLASE DE CANTIGAS

A profesora Mary explicounos aos alumnos de Infantil e Primaria as Cantigas de Santa María, con historias de castelos  e reis medievais. Estivo moi interesante.
 

En Secundaria foron as profesoras de Galego, Sociais e Música as encargadas de facernos chegar esta maravillosa obra de arte.


sábado, 30 de mayo de 2015

TEATRO

                 O Equipo de Normalización Lingüística do concello de Ourense convidounos á representación teatral da obra "Espantallo amigo" do escritor Xosé Neira Vilas, a cargo do grupo teatral "Os Quinquilláns".
                Despois de ler o libro, as clases de 5º e 6º acudimos á representación da obra no Auditorio Municipal de Ourense. Unha obra de exaltación da amizade interpretada maxistralmente por dous actores profesionais que lle deron un toque persoal.
 

miércoles, 20 de mayo de 2015

EXPOSICIÓN "CANTIGAS DE SANTA MARÍA"

Durante este mes están expostos uns paneis no corredor de Secundaria que nos mostrarán a similitude entre as Cantigas de Santa María e a Banda Deseñada. Esta exposición será explicada ao alumnado de todo o centro e tamén aos visitantes europeos que nos acompañarán a
finais de mes.


viernes, 15 de mayo de 2015

                      PROGRAMA DE ACTIVIDADES

                LETRAS GALEGAS 2015


                                           MAIO
  • Creación do primeiro número da serie “Historias de Faildiño”
  • Elaboración do cartel alusivo á obra do homenaxeado, na entrada do colexio.
  • Ampliación do cartel expositivo de caricaturas dos homenaxeados, no corredor de Primaria.
  • Exposición en Banda Deseñada das  “Cantigas de Santa María” con charlas explicativas para todos os niveis por parte de expertos e música dalgunha  delas.

                                    XUÑO

  • Publicación da revista “Furafollas”
  • Dramatizacións de Fin de Curso:
            “A esmorga para títeres”(4ºESO)

            “Pop a toda vela” (3º ESO)


viernes, 8 de mayo de 2015

cartel

                                        CARTEL ALUSIVO AS LETRAS GALEGAS
Filgueira valverde escribiu sobre paxaros. Unha oportunidade para coñecelos, estes e outros.