viernes, 20 de noviembre de 2015
jueves, 12 de noviembre de 2015
DÍPTICOS SOBRE A CASTAÑA
Os alumno/as de 5º de EP realizaron uns dípticos sobre adiviñas, refráns, ditos, locucións, poesías relacionadas coa castaña. Tamén buscaron información sobre os tipos de castañas, a culinaria da castaña, receitas, cal é o castiñeiro máis vello do mundo e de Galicia.... e presentaron a información en dípticos.
lunes, 9 de noviembre de 2015
CREACIÓNS LITERARIAS e PLÁSTICAS
Despois das lecturas de medo do Samaín o alumnado de Secundaria intentou emular aos escritores desta literatura creando textos inacabados para deixar voar a imaxinación. Estes son algúns:
Tamén se creou a medalla de ouro da castaña para agasallar a todo o alumnado de Infantil e Primaria que participou nos xogos participativos do Magosto:
jueves, 29 de octubre de 2015
miércoles, 28 de octubre de 2015
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
AS NOSAS FOTOS DE OUTONO
A partires de poemas de Manuel María "Chegou o tempo de outono" ou "O ourizo" buscar imaxes en entornos habituais para o alumnado no que se reflexe o sentir do autor ao escribir estes poemas. Comezariamos así a analisar a figura deste autor tan cercano aos rapaces e rapazas galegos e seguiriamos todo o cursotraballando a súa obra.
Este outono queremos propoñer algo diferente:
A partires de poemas de Manuel María "Chegou o tempo de outono" ou "O ourizo" buscar imaxes en entornos habituais para o alumnado no que se reflexe o sentir do autor ao escribir estes poemas. Comezariamos así a analisar a figura deste autor tan cercano aos rapaces e rapazas galegos e seguiriamos todo o cursotraballando a súa obra.jueves, 22 de octubre de 2015
COLABORAMOS COA BIBLIOTECA
COLABORAMOS COA BIBLIOTECA
Colaboramos para celebrar conxuntamente o Día Internacional das Bibliotecas: algúns contos foron en galego, os marcapáxinas cos eloxios tamén e as frases célebres que estaban noutro idioma distinto do castelán foron traducidas ao galego. Os carteis(en galego) facían referencia a frases tradicionais dos contos.

lunes, 19 de octubre de 2015
INICIO DE CURSO
INICIAMOS unha nova andadura con renovadas expectativas e máis ideas. Este curso colaboraremos activamente coa biblioteca do centro para realizar actividades conxuntamente.
A primeira colaboración será un contacontos de alumnado de 5º e 6º de Primaria para os máis pequenos, conmemorando o Día das Bibliotecas (22 de outubro).
Convocamos un concurso fotográfico de imaxes outonais a partires da lectura do poema "Chegou o tempo de outono" de Manuel María (autor homenaxeado nas Letras Galegas).
ÁNIMO e a participar.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)