jueves, 24 de diciembre de 2015

FELICITACIÓN DE NADAL DO EDLG


CARTAS AO APALPADOR

Expoñemos no panel de entrada algunhas das cartas que o alumnado máis cativo quere enviar ao Apalpador:






Tamén nos veu visitar O Apalpador o último día de clases.









lunes, 7 de diciembre de 2015

TRATAMENTO ESPECIAL AO APALPADOR

A figura do Apalpador  ocupará este mes de decembro un lugar destacado. Acordamos sumarnos ao resgate do noso tradicional Home do Nadal galego. Aprenderemos a súa historia e faremos un concurso de cartas dirixidas a el para pedirlle todo o que arelamos nestas datas.


miércoles, 25 de noviembre de 2015

CHEGOU O OUTONO FOTOGRÁFICO

Está xa confeccionado o mural co poema de Manuel María e as fotografías que o interpretan. Será unha difícil labor quedarse con unha. A resposta a esta idea foi tal que tivemos que rexeitar algunhas fotografías e mesmo habilitar outro taboleiro para expoñelas:

viernes, 20 de noviembre de 2015

CHEGAN AS PRIMEIRAS FOTOS

Van chegando as primeiras fotos e teñen unha calidade extraordinaria. Vai ser difícil a selección, pois todo o que as ve queda impresionado. Aí van algunhas:


 

jueves, 12 de noviembre de 2015

DÍPTICOS SOBRE A CASTAÑA

Os alumno/as de 5º de EP realizaron uns dípticos sobre adiviñas, refráns, ditos, locucións, poesías relacionadas coa castaña. Tamén buscaron información sobre os tipos de castañas, a culinaria da castaña, receitas, cal é o castiñeiro máis vello do mundo e de Galicia.... e presentaron a información en dípticos.

lunes, 9 de noviembre de 2015

CREACIÓNS LITERARIAS e PLÁSTICAS

Despois das lecturas de medo do Samaín o alumnado de Secundaria intentou emular aos escritores desta literatura creando textos inacabados para deixar voar a imaxinación. Estes son algúns:


Tamén se creou a medalla de ouro da castaña para agasallar a todo o alumnado de Infantil e Primaria que participou nos xogos participativos do Magosto: