miércoles, 6 de abril de 2016

CONTACONTOS


Para celebrar o Día da Literatura Infantil e Xuvenil en galego visitounos Sabela Gago, unha contacontos habitual xa no noso cole que fixo as ledicias dos máis pequenos (Infantil, 1º e 2º de Primaria). Os contos foron "Irene e o gravado" para Infantil e "O camaleón multicolor" para 1º e 2º de Primaria
                                       

sábado, 2 de abril de 2016

SEGUIMOS A COLABORAR COA BIBLIOTECA


Cedimos para ambientar a biblioteca os títeres de A Esmorga e aplicámoslle unha lenda xunto cos nomes dos personaxes. Así quedou:

 

XOGADE

Un ano máis participamos e con éxito no Campionato  de Orientación escolar. Este ano tivo lugar no Carballiño. Acudiu alumnado de 2º e 3º da ESO. E a gañadora provincial foi a alumna do CPI Antonio Faílde  Elena Gómez Mato. Noraboa Campiona!





lunes, 21 de marzo de 2016

DÍA DA POESÍA

 

O 21 de marzo celébrase o Día da Poesía. Como estamos de vacacións, decidimos celebralo o venres, 18 de marzo, cun recital de poesías do libro "Os soños na gaiola" de Manuel María, coa iniciativa dos alumnos/as de 5º de E.P., que organizaron e presentaron dito recital, xa que é unha das actividades que levaron a cabo dentro do proxecto que están a realizar sobre Manuel María. Participaron todos os alumnos/as de Educación Infantil e Primaria.

domingo, 13 de marzo de 2016

EXPOSICIÓN SOBRE AS ÁRBORES


Estes días pódese ver no noso cole unha exposición sobre "As Árbores", o seu aproveitamento e as medidas preventivas para a  súa conservación.




Un fermoso poema de Manuel María ilustra o apartado de prevención dos incendios  forestais. Un exemplo máis da interdisciplinariedade do noso autor.

miércoles, 9 de marzo de 2016

VÍDEO DO CONTO: "O bigote de Mimí"

https://www.dropbox.com/s/vbexhfowu4vcen1/O%20BIGOTE%20DE%20MIM%C3%8D.wmv?dl=0


Os alumnos/as de 5º de primaria gravaron coas súas voces o conto: "O bigote de Mimí", de Manuel María. Este é un dos traballos realizado, dentro do  proxecto no que están traballando , sobre este poeta.


miércoles, 24 de febrero de 2016

TRABALLOS PARA O NAMÓRAME

Estes son os primeiros traballos colocados no taboleiro. Pero aínda hai máis. Como sempre o tema é moi suxerente para todo o alumnado.