jueves, 19 de mayo de 2016

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA NA BIBLIOTECA

Reuníuse o club de lectura para a posta en común de lecturas e tamén para intercambio de libros co tema Amor en pequenas doses, falar de libros, de amor e de música. Sobre a mesa hai novos trobadores, son músicos e poetas, contadores de historias micro pero que nos chegan ao corazón.


 

viernes, 13 de mayo de 2016

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS

Chegou o momento de poñer en práctica todas as ideas que a creatividade deste equipo, que coincide tamén co da biblioteca, tivo neste curso:
Escomenzamos coa exposición da vida e obra de Manuel María, xunto coa unidade didáctica enviada pola Consellería. A mascota Faildiño escribiu  cartas ao alumnado de Infantil e Primaria, que se repartiron por todas as clases, animando a colaborar nunha actividade moi interesante "Agasalla unha palabra"

Ola  rapaces e rapazas!
Teño outra misión para vos. Como chega a celebración das Letras Galegas imos facer algo a prol  da nosa lingua:
Pensade na palabra que máis vos gusta en galego e ofrecédea como un agasallo aos vosos compañeiros e compañeiras. Para que non se perda cóidaa, falaa, día, escríbea, debúxaa… faina túa para sempre. Será un agasallo inesquecible!
Estou desexando escoitar e ver estas palabras! Vou xogar con todas elas a moitos xogos,  e non me vou aburrir na biblioteca nas longas vacacións de verán.
Sen máis, despídome ata pronto… E lembrade:
         


                       SER FAILDEFELICES!!!!

O alumnado de 5º estableceu relación cos seus homónimos de Monforte de Lemos e elaborou un telexornal moi interesante sobre a vida e obra do autor con entrevistas e imaxes. Visionado na biblioteca.
         Na entrada da biblioteca expuxéronse as obras  das que se dispón.
Mural elaborado por todo Infantil e Primaria con poemas do autor.




jueves, 28 de abril de 2016

PROXECTO- ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

Os alumnos/as de 5º de E.P. fixeron un proxecto sobre os animais en perigo de extinción na Península Ibérica.
Fixérono sobre os seguintes animais: valencia hispánica, foca monxe, sapo de Mallorca, lince ibérico, águia imperial e oso pardo.
Buscaron información sobre as súas características, alimentación, hábitat, ameazas que sofren, en que zonas se atopan e buscaron tamén información sobre a existencia dalgún programa que traballe para que isto non ocurra.
Coa información fixéron un PowerPoint e expuxeron o seu traballo ao resto de compañeiros.

OSO PARDO

ÁGUIA IMPERIAL

LINCE IBÉRICO