viernes, 2 de diciembre de 2016
jueves, 10 de noviembre de 2016
CELEBRAMOS OS MAGOSTOS
O xoves 10 de novembro celebramos esta nosa festa tradicional tan esperada. Dende logo non fai ningunha falta recuperala porque sempre está moi viva entre nós. O profesorado e alumnado de Secundaria saíron ao Campo da Feira a comer e facer a fogata, os de Primaria e Infantil comimos bolos preñados e castañas asadas no comedor e pola tarde tentamos facer xogos tradicionais adaptados, pero, por mor da chuvia e os charcos do patio, non puidemos saír. Deixarémolos para un día da vindeira semana. Estes serán os xogos:
O atrapa castaña (como o xogo da silla),
O corre castaña (a culler)
O estoupa castaña (paracaídas)
O castañazo (brilé)
O caza castaña (o pano cun saquete de castañas)
Noces e castañas
O caza raposo
Todos serán agasallados coa CASTAÑA DE OURO.

jueves, 3 de noviembre de 2016
PREMIO OUFF
Hoxe foi un día importante para o centro e tamén para este EDLG, foinos concedido o Premio ao Mellor Guión no OUFF Escola. Participamos cunha curtametraxe relizada por Adrián González de 4º de ESO na categoría de Estudos Non Universitarios. O título do traballo é "O Capitán Penedo" co que colleitou alabanzas do xurado e persoas da organización. Isto será un exemplo para seguir creando e concursando neste tipo de eventos que temos a sorte de manter nesta cidade.
NORABOA CAPITÁN PENEDO!
NORABOA CAPITÁN PENEDO!
miércoles, 26 de octubre de 2016
miércoles, 5 de octubre de 2016
BENVIDOS AO NOVO CURSO
Aquí estamos de novo! Afrontamos con ilusión esta nova etapa e procuraremos facelo o mellor posible.
Despois de familiarizarnos co novo período, de elexir aos compoñentes do equipo e de programar as actividades a realizar nos vindeiros meses, podemos xa iniciar a nosa andadura.
A nosa primeira actividade será organizar xunto coa biblioteca unha exposición-homenaxe ao finado Agustín Fdez Paz, un autor moi querido por todos e tamén moi lido neste centro.
Esta é unha carta ao autor co título dalgunhas das súas obras:

Querido Agustín:
O día que te fuches un Aire negro bateunos nas costas para anunciarnos que
esa sería unha Noite de Voraces sombras para as nosas letras. Quedamo tristeiros,
perdidos no Centro do labirinto.
Agora que comezou o
curso sentímonos xa un pouco máis
lixeiros, Cos pés no aire, porque
decidimos relerte e así comprobamos que segues connosco, porque as Rapazas temos todas os Trece
anos de Branca , polas
noites a Lúa de Senegal vén onda a nosa lúa para manteren un sarillo interminable de Contos por palabras e ti,
amigo Agustín segues no mesmo andel durmindo O soño do merlo branco.
viernes, 24 de junio de 2016
FESTIVAL FIN DE CURSO
Este fin de curso, como novidade, programáronse dous festivais, un para Infantil e Primaria e outro para secundaria. O primeiro tivo lugar no comedor escolar ambientado para o acontecemento e o outro no auditorio de Coles, moito máis formal.
No de Secundaria representouse a dramatización creada para a ocasión polo EDLG "A visita" cunha defensa da lingua galega fronte aos castelanismos.

No de Infantil e Primaria representáronse obras en galego como o teatro de sombras co poema de Manuel María "O barco", "Dona Carme " de Pepe Carreiro", O himno galego...

martes, 21 de junio de 2016
PROGRAMA FIN DE CURSO
Este curso programamos unha dramatización a prol da lingua que leva por título "A vista". Será interpretada por alumnado de 3º e 4º de ESO e servirá como reflexión ademáis de como despedida de curso e de etapa. Este é o programa:
En Infantil e Primaria tamén se programa un festival no que intervén o EDLG:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)