viernes, 20 de enero de 2017

CONCLUÍDO O CONCURSO

Concluído o concurso "Traballa coas mans e coa cabeza" expóñense os traballos na entrada do centro:


 

viernes, 13 de enero de 2017

VOCES RESGATADAS

O EDLG decidíu que o apartado de "Voces Resgatadas" que levamos varios anos facendo e recollendo na revista escolar "Furafollas" podería publicarse neste blog semanalmente ou mensualmente. Así sería moito máis visual. Pois aí vai a nosa primeira voz resgatada dunha zona moi próxima:
 Leilao, estar ao leilao, durmir ao leilao: ao descuberto. Piñor de Cea

XORNAIS DE 2º de Primaria

Estas dúas clases participan nun concurso de xornais escolares e para iso presentan dous deles en galego.
                                                              

 

miércoles, 21 de diciembre de 2016

BO NADAL


O APALPADOR, OS REIS E PAPÁ NOEL


Invitamos ao noso cole a todos eles para agasallalos co noso entusiasmo. Eles pola súa parte tamén nos falaron de si mesmos e poidemos coñecer de primeira man as súas inquedanzas.

martes, 20 de diciembre de 2016

CHARLA COLOQUIO SOBRE A ORIXE DO SAMAÍN

O noso compañeiro e profesor no centro José Manuel Barbosa propón esta actividade para o profesorado voluntario e con gañas de información  que logo transmitirá ao seu alumnado. Unha pasada...! Que interesante!...

CONCURSO DE TARXETAS POSTAIS do NADAL

Este ano decidíuse no cole facer este concurso para motivar ao alumnado na súa creatividade. Esta creatividade tamén ten continuidade na biblioteca por ser Territorio das Artes este curso.
Algunhas delas: