martes, 21 de marzo de 2017

MURAL DO NAMÓRAME

Coas mellores obras presentadas ao concurso facemos esta exposición. Os premios serán para:
-Alexia Sánchez Vázquez  de 3ºde ESO  na modalidade de texto literario.
- LucíaBouzas rodríguez de 1º de ESO na modalidade artística.
-Lucía Romero Medina de 4º de Primaria  na modalidade artística e literaria.









miércoles, 15 de marzo de 2017

ROTEIRO DA ESMORGA

Hoxe o alumnado de 4º da ESO disfrutou dunha xornada literaria única. Por un lado a función teatral "Medea"  e por outro o roteiro literario da "Esmorga". Un día moi completo!

viernes, 10 de marzo de 2017

DIGLOSIA

Coas viñetas que o humorista galego Davila, no seu día, fixo para o calendario da universidade amosamos nun mural  a diglosia que sufrimos os galegofalantes. Isto permítenos rir ao mesmo tempo que razoamos e nos preguntamos o motivo desta sinrazón.

miércoles, 8 de marzo de 2017

DÍA DA MULLER

 Carteis creados para esta ocasión: "A leiteira"  de Luis Seoane cun texto de Rimbaud e un acróstico coa palabra  MULLER.
En Secundaria traballaron sobre MULLERES GALEGAS, buscando información e imaxes para facer un mural posteriormente.

viernes, 24 de febrero de 2017

DÍA DE ROSALÍA

Celebramos este día decubrindo aos máis pequenos a figura de Rosalía de Castro e os seus poemas, adaptados á cada idade. Debuxamos e pintamos a esta nosa galega máis universal e recitamos os seus poemas:



viernes, 17 de febrero de 2017

MECOS E MANDADOS

Esta semana disfrazamos aos mecos do entroido do máis estrafalario posible. Este foi o resultado:

Ao longo da semana que vén irán cambiando os mandados cada día. Mandaranos traer adornos o día anterior para o seguinte, o do luns xa quedou exposto hoxe. O venres será acumulativo pola mañá, pola tarde todas as clases irán de cadros famosos.
Aproveitamos tamén  para facer unha pequena exposición dos distintos tipos de entroido tradicional na provincia de Ourense.



jueves, 2 de febrero de 2017

CONVOCATORIA DO CONCURSO "NAMÓRAME EN GALEGO"

Hoxe vimos de enterarnos de que o día propio dos namorados é hoxe porque coincide co día da Candeloria. Hai algunhas fontes populares que así o demostran, como por exemplo o refrán:
                                                               "A partir da Candeloria
                                                                ningún ave voa soa"
 A partires de hoxe ningunha ave voa soa. Saen os paxaros a celebrar a súa voda e que lles dea tempo a poder facer algo para ter pitiños pola primavera. Os namorados da Idade Media neste día deixaban unha notiña de amor na soleira da súa namorada, parecida á que lembra Andrés de Pantín:
Hai un niño dun paxaro
no curuto dunha xesta,
se me das un niño nena,
esta noite ha de haber festa.
Dicía un cantar infantil sobre o casamento dos paxariños:
Hoxe é domingo día de repingo,
casa Xanciño cun paxariño
irá de madriña dona Cotofina
irá de padriño don Pedro Contreiras
que corta os cus cunhas “tixeiras”.

CONVOCATORIA do concurso "NAMÓRAME EN GALEGO"
 Cartas, poemas, narracións, debuxos, slogans, diálogos, SMSs, whatsapps, manualidades... e todo o que se che ocorra que teña relación co amor, a amizade, a paz e os anceios de gustar a outros.

         Recollida de traballos ata o venres 3  de marzo. Ádiante, imaxinación ao poder!
 Lembra que tamén os podes deixar no Buzón da Biblioteca!