domingo, 3 de junio de 2018
REVISTA FURAFOLLAS 2018
Por fin ve a luz a nosa revista anual. Algúns dos traballos do curso e outros feitos para esta ocasión compoñen o contido desta publicación que como en anos anteriores se publica por estas datas coincidindo coas Letras Galega. Así se englobaría dentro das actividades programadas para esta ocasión.
jueves, 31 de mayo de 2018
viernes, 25 de mayo de 2018
TEATREIR@S
Hoxe tivemos teatro para os de Infantil e 1º de Primaria. As profesoras de teatro das actividades extraescolares quixeron mostrarnos o seu traballo ao longo do curso co noso alumnado. Dende un principio o EDLG púxose en contacto con elas para que Mª Victoria Moreno fose unha das opcións de traballo e a verdade é que a caractrización foi espectacular. Unha escritora que busca a inspiración para os seus contos nos nenos e nenas. Un bo traballo! Que o vindeiro curso continúe esta actividade con máis alumnado e moita creatividade. Parabéns!
domingo, 20 de mayo de 2018
martes, 8 de mayo de 2018
PREPARANDO A FESTA DAS LETRAS GALEGAS
Temos moitas actividades para esta celebración:
-Comezamos coa exposición na biblioteca da obra de Mª Victoria Moreno existente na mesma.
-Un gran cartel anunciador na entrada do colexio adicado á exposición da súa vida e obra
-Obras de teatro no auditorio de Coles para Infantil e primaria:
"Carteiro en bicicleta"- unha viaxe a través da literatura galega, pola compañía A Trastenda dos Contos (3º,4º,5º e 6º).
"Os contos da festa no faiado"-homenaxe a Mª Victoria Moreno, pola compañía A Tropa de Trapo (Infantil, 1º e 2º)
-Actividades en todas as aulas sobre a homenaxeada, tamén na biblioteca.
-Caricatura de Mª Victoria no gran mural do corredor onde están tamén o resto dos homenaxeados dende a súa creación
-Contacontos de "O Cataventos" na biblioteca
-Adaptación ao teatro das obras "Leonardo e os fontaneiros", "Anagnorise", "Mar adiante" e "O Cataventos"
-Matemáticas en galego
-Caricaturas
-Marcapáxinas


-Comezamos coa exposición na biblioteca da obra de Mª Victoria Moreno existente na mesma.
-Un gran cartel anunciador na entrada do colexio adicado á exposición da súa vida e obra
-Obras de teatro no auditorio de Coles para Infantil e primaria:
"Carteiro en bicicleta"- unha viaxe a través da literatura galega, pola compañía A Trastenda dos Contos (3º,4º,5º e 6º).
"Os contos da festa no faiado"-homenaxe a Mª Victoria Moreno, pola compañía A Tropa de Trapo (Infantil, 1º e 2º)-Actividades en todas as aulas sobre a homenaxeada, tamén na biblioteca.
-Caricatura de Mª Victoria no gran mural do corredor onde están tamén o resto dos homenaxeados dende a súa creación
-Contacontos de "O Cataventos" na biblioteca
-Adaptación ao teatro das obras "Leonardo e os fontaneiros", "Anagnorise", "Mar adiante" e "O Cataventos"
-Matemáticas en galego
-Caricaturas
-Marcapáxinas


martes, 24 de abril de 2018
CAMPIONATO GALEGO
Este sábado pasado, 21 de abril, celebrouse o X Campionato Galego Escolar de Orientación a Pé no Monte Pedroso, Santiago de Compostela, organizado polo Club Universitario e a FEGADO. Asistiron máis de 250 alumnos de 30 centros. A representación ourensá foi de 10 centros.
DestacarEMOS que a nosa alumna Nuria Vázquez López de 3º da ESO acadou un meritorio 5º posto na xeral de Cadete Feminino, sendo a primeira nena non federada en clasificarse, por diante da actual campiona galega federada de M16 (mulleres ata 16 anos), que rematou no onceavo posto.
Esta data é algo especial, porque fai unha década que o noso centro escomenzou a participar nestes eventos -tanto a nivel provincial como autonómico- tendo pasado centos de nenos de Cambeo por estas actividades ao longo destes anos, grazas ao compromiso de toda a comunidade educativa do centro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















