lunes, 25 de junio de 2018

FESTIVAL FIN DE CURSO "O CATAVENTOS"


O alumnado de 4º de primaria fixo a representación desta obra  de Mª Victoria Moreno despois da súa adaptación.
                                                                 O CATAVENTOS

Ademáis tamén se interpretaron cantigas en galego e a presentación foi preparada polo equipo.

domingo, 3 de junio de 2018

CARTELERÍA EN GALEGO

Este días estanse a colocar carteis tanto no comedor como no patio de distintos carteis en galego. Os do comedor para animar a hábitos saudables e os do patio para axudar a distinguir as especies vexetais previamente plantadas ou sementadas.




REVISTA FURAFOLLAS 2018

Por fin ve a luz a nosa revista anual. Algúns dos traballos do curso e outros feitos para esta ocasión compoñen o contido desta publicación que como en anos anteriores se publica por estas datas coincidindo coas Letras Galega. Así se englobaría dentro das actividades programadas para esta ocasión.

jueves, 31 de mayo de 2018

O CATAVENTOS na Biblioteca

O alumnado de Infantil asistíu a unha lectura do libro de Mª Victoria Moreno na Biblioteca. A profesora de Infantil do equipo do de biblioteca foi a encargada de contarllelo. Atención á cara de asombro destes pequenos!

                                           

viernes, 25 de mayo de 2018

TEATREIR@S

Hoxe tivemos teatro para os de Infantil e 1º de Primaria. As profesoras de teatro das actividades extraescolares quixeron mostrarnos o seu traballo ao longo do curso co noso alumnado. Dende un principio o EDLG púxose en contacto con elas para que Mª Victoria Moreno fose unha das opcións de traballo e a verdade é que a caractrización foi espectacular. Unha escritora que busca a inspiración para os seus contos nos nenos e nenas. Un bo traballo! Que o vindeiro curso continúe esta actividade con máis alumnado e moita creatividade. Parabéns!

domingo, 20 de mayo de 2018

XINCANA DAS LETRAS

O alumnado de 3º e 4º de Primaria participaron na xincana das Letras Galegas "Saca a lingua", buscando información por todo o centro para atopar as pistas que os levaran a resolver todas as probas. Un divertido exercicio para celebrar esta data.





 

martes, 8 de mayo de 2018

PREPARANDO A FESTA DAS LETRAS GALEGAS

Temos moitas actividades para esta celebración:
-Comezamos coa exposición na biblioteca da obra de Mª Victoria Moreno existente na mesma.
-Un gran cartel anunciador na entrada do colexio adicado á exposición da súa vida e obra
-Obras de teatro no auditorio de Coles para Infantil e primaria:
"Carteiro en bicicleta"- unha viaxe a través da literatura galega, pola compañía A Trastenda dos Contos (3º,4º,5º e 6º).
"Os contos da festa no faiado"-homenaxe a Mª Victoria Moreno, pola compañía A Tropa de Trapo (Infantil, 1º e 2º)
-Actividades en todas as aulas sobre a homenaxeada, tamén na biblioteca.
-Caricatura de Mª Victoria no gran mural do corredor onde están tamén o resto dos homenaxeados dende a súa creación
-Contacontos de "O Cataventos" na biblioteca
-Adaptación ao teatro das obras "Leonardo e os fontaneiros", "Anagnorise", "Mar adiante" e "O Cataventos"
-Matemáticas en galego
-Caricaturas
-Marcapáxinas