O día 26 de
xuño faleceu Xabier P. Docampo, un dos escritores fundamentais para a consolidación
da Literatura infantil e xuvenil galega. Pero tamén foi docente, promotor da
lectura e especialista en bibliotecas escolares, activista a prol da lingua,
contacontos, actor ou guionista.
En 1995 acadou o Premio
Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil con Cando petan na porta pola
noite. A esta obra precedéronlle outras como O misterio das
badaladas ou A chave das noces. Posteriormente,
virían outras como O pazo baleiro, A casa da luz, Bolboretas (White
Ravens 2005), Catro cartas, O país adormentado, A illa de
todas as illas, O libro das viaxes imaxianarias, e
xa no 2017 A nena do abrigo de astracán á que lle adicou os
últimos anos da súa escrita e coa que gañou o Premio de narrativa na III Gala
do Libro Galego 2018.