E chegou o día. Despois dos nervios anteriores á estrea todos puxemos o máximo interese en que saira ben. E así foi. Os parabéns chegaron de todas partes e a nós confórtanos saber que o noso esforzo pagou a pena. Bravo, compañeiros! Aquí quedan algunhas imaxes do día. Ah! e tamén o agasallo para os colaboradores e gañadores do último concurso.
miércoles, 26 de junio de 2013
jueves, 20 de junio de 2013
PROGRAMA TEATRAL
E esta é a nosa programación final para o fin de curso, tres obras teatrais unha de Chus Pereiro e as outras dúas de colleita propia que coma sempre tentan que a lingua galega sexa vehículo de transmisión de ledicia e aprendizaxe. A obra "Emigrei, emigrarei" está baseada na obra "Cochos" de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado este ano.
viernes, 14 de junio de 2013
VEUNOS VISITAR MAR GARCÍA
E diredes vós … E ela …quen vén sendo?
Pois é unha artista lalinense coñecida pola súa obra gráfica e escultórica.
E …que máis?
-Foi unha artista precoz, pois dende nena debuxar foi a súa paixón.
-Estudou a carreira de Belas Artes en Salamanca e foi bolseira de varios organismos.
-Os primeiros premios acadounos como escultora nos anos 1987 e 1988
-O ano máis completo da súa actividade foi 1997 no que participou en numerosas exposicións en diferentes cidades e vilas galegas (Ourense, Silleda, Santiago…)
- A súa técnica inclúe unha mistura de materiais, o que manifesta o desexo da autora de afastarse da pintura tradicional e deixar fluír a súa imaxinación.

Con ela decoramos unha parede do noso comedor.
Non nos deu tempo de rematar, pero comprometeuse a voltar outro día. Así quedaranos unha obra dela para sempre.
jueves, 13 de junio de 2013
lunes, 27 de mayo de 2013
EXPOSICIÓN DE CÓMICS BASEADOS EN TEXTOS GALEGOS
Colaboraron conxuntamente nesta actividade gráfico- literaria o EDLG e o Departamento de Plástica.
O alumnado de ESO confeccionou unha serie de cómics baseados en textos de autores galegos:
- “A rapaza do circo”, de CARLOS CASARES
- “ O ladrón de palabras” de SECHU SENDE.
- “ O home que agardadba que lle dixesen o que facer”, de SECHU SENDE.
- “Un millón de vacas”, de MANUEL RIVAS
- “ O Gatipedro”, de ÁLVARO CUNQUEIRO.
Colaboraron conxuntamente nesta actividade gráfico- literaria o EDLG e o Departamento de Plástica.
jueves, 16 de mayo de 2013
Esta actividade que compartimos co colexio de Cea (eles pola tarde) estivo programada so para Infantil e Primaria.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)