miércoles, 19 de febrero de 2014

NAMORADOS EN ACCIÓN

O AMOR...
o amor é un sentimento
no que sobran as palabras,
con un so xesto,
xa podes quedar namorado.
E con esa mirada
que a min tanto me gusta
xa non me fai falta máis nada
                                                              
                                                             Andrea Rguez Cortiñas
O amor é bicarte nos teus beizos de caramelo,
mirarche cara os ollos e sentir a cor azul ceo.
O amor é coma a choiva, ás veces cae moito
e outras cae pouco.
Eu regalariache unha rosa e un poema
pero iso para min é un problema.
Brais Nóvoa




jueves, 6 de febrero de 2014

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ


Celebramos o día da PAZ con actividades dentro e fora da aula. Aproveitando que estamos inmersos no COMENIUS e que o tema de estudio é o POP ART as nosas creacións tamén teñen un toque pop. Aí vai algunha proba:

miércoles, 29 de enero de 2014

CONVOCATORIA do concurso "NAMÓRAME EN GALEGO"

CONCURSO "NAMÓRAME EN GALEGO"
 Cartas, poemas, narracións, debuxos, slogans, diálogos, SMSs, whatsapps, manualidades... e todo o que se che ocorra que teña relación co amor, a amizade, a paz e os anceios de gustar a outros.

         Recollida de traballos ata o 28 de febreiro. ¡Ádiante, ao imaxinación ao poder!
           

lunes, 27 de enero de 2014

ROTEIRO de "A ESMORGA"


Xa no primeiro trimestre o alumnado de ESO desprazouse ata Ourense para realizar , coma noutras ocasións o roteiro de A esmorga. Foi unha actividade literario-deportiva,os alumnos levaban por grupos un mapa de orientación para atopar cada una das placas e, identificado o achadego, procedían á lectura en voz alta de cada unha delas, facendo comentarios sobre a lingua de Cibrán Canedo, o narrador da novela. O máis chamativo foi o entusiasmo dos rapaces por atopar as placas e o gañador foi o grupo de Kevin Biéitez, de 2ºB, que foi agasallado cun roteiro plastificado a toda cor.

miércoles, 18 de diciembre de 2013

MES DE DECEMBRO, MES DE NADAL

CÁLIDO DECEMBRO

Decembro é mes de matanzas e nadal, de comer quentiño. De tomar café   e facer filigranas coa súa escuma mentres desfrutas da mellor conversación.
Decembro   ha de ser quente se  o coces   ben   e   a  lume lento.

É tempo  de comezo e  remate: un folio en branco  sobre fondo gris para rescribir o guión da vida.
Decembro é cándido  se dás un paseo polas nubes  e   sentas nelas a escoitar o mellor conto do mundo.
É cándido se en cada val  reparas nas casas cal cachimbas  botando  fume branco  co  que   se fan os mellores  doces de merengue e nata. Tan branco coma os abrazos.

Este decembro  ha ser branco e doce, de iogur e  marmelo, porque  o has  de mirar   con lentes  de cerca  e  lúa chea.


martes, 19 de noviembre de 2013

SEGUIMOS A RECIBIR CREACIÓNS


O noso recuncho de Outono segue medrando