miércoles, 26 de marzo de 2014

sábado, 1 de marzo de 2014

OS NOSOS MECOS DE ENTROIDO

Os nosos Mecos están chamando ao Entroido tradicional: poñer farrapos vellos para non ser recoñecidos e gastar bromas aos que si coñecemos. Isto non gusta moito aos nosos rapaces e rapazas que prefiren parecer princesiñas ou superheroes. Aínda que os mecos sempre os fan rir, ou darlle medo aos máis pequenos. E a receita contra ese medo é superalo gracias a velos con normalidade.




 

lunes, 24 de febrero de 2014

DÍA de ROSALÍA

Con motivo do nacemento de Rosalía de Castro o EDLG elaborou un panel na entrada do colexio coas frases e poemas máis famosos  da escritora. En fronte outro mural con imaxes POP ART do seu rostro, aproveitando que o colexio está nun COMENIUS e "A cultura Pop en Europa" é o tema a traballar nos distintos colexios europeos (Alemaña, Portugal, Italia, Romanía, Polonia, Bulgaria e nós).









                                      

miércoles, 19 de febrero de 2014

NAMORADOS EN ACCIÓN

O AMOR...
o amor é un sentimento
no que sobran as palabras,
con un so xesto,
xa podes quedar namorado.
E con esa mirada
que a min tanto me gusta
xa non me fai falta máis nada
                                                              
                                                             Andrea Rguez Cortiñas
O amor é bicarte nos teus beizos de caramelo,
mirarche cara os ollos e sentir a cor azul ceo.
O amor é coma a choiva, ás veces cae moito
e outras cae pouco.
Eu regalariache unha rosa e un poema
pero iso para min é un problema.
Brais Nóvoa




jueves, 6 de febrero de 2014

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ


Celebramos o día da PAZ con actividades dentro e fora da aula. Aproveitando que estamos inmersos no COMENIUS e que o tema de estudio é o POP ART as nosas creacións tamén teñen un toque pop. Aí vai algunha proba:

miércoles, 29 de enero de 2014

CONVOCATORIA do concurso "NAMÓRAME EN GALEGO"

CONCURSO "NAMÓRAME EN GALEGO"
 Cartas, poemas, narracións, debuxos, slogans, diálogos, SMSs, whatsapps, manualidades... e todo o que se che ocorra que teña relación co amor, a amizade, a paz e os anceios de gustar a outros.

         Recollida de traballos ata o 28 de febreiro. ¡Ádiante, ao imaxinación ao poder!
           

lunes, 27 de enero de 2014

ROTEIRO de "A ESMORGA"


Xa no primeiro trimestre o alumnado de ESO desprazouse ata Ourense para realizar , coma noutras ocasións o roteiro de A esmorga. Foi unha actividade literario-deportiva,os alumnos levaban por grupos un mapa de orientación para atopar cada una das placas e, identificado o achadego, procedían á lectura en voz alta de cada unha delas, facendo comentarios sobre a lingua de Cibrán Canedo, o narrador da novela. O máis chamativo foi o entusiasmo dos rapaces por atopar as placas e o gañador foi o grupo de Kevin Biéitez, de 2ºB, que foi agasallado cun roteiro plastificado a toda cor.