miércoles, 19 de noviembre de 2014

MAGOSTOS

Celebramos os magostos con xogos e castañas. Os máis pequenos traballaron o conto "A castaña que rebentou de risa".

domingo, 9 de noviembre de 2014

MES DE NOVEMBRO

Os ditos e refráns elexidos para expoñer no comedor do colexio:

domingo, 2 de noviembre de 2014

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Samaín ou Halloween teñen cada vez máis aceptación na nosa sociedade. Para nós ademáis de ser unha festa ancestral tamén é unha festa divertida que nos invit
a a crear.

martes, 21 de octubre de 2014

A FESTA DA VENDIMA

A vendima foi a primeira festa na nosa exposición. Os pais colaboraron activamente na obtención de obxectos relacionados con esta celebración.

viernes, 17 de octubre de 2014

BENVIDA AO NOVO CURSO

BENVIDA AO NOVO CURSO ESCOLAR
Aquí estamos un curso máis poñéndonos a andar para dar de si todo o posible.
Estes días saíron estadísticas que nos fan ser pesimistas con respecto á supervivencia da nosa lingua. Por iso cada vez máis temos que ser conscientes de que se a queremos, temos que loitar por ela. Este blog será o que dé fe disto.
Comezaremos pola recollida de ditos e refráns nos que se faga referencia ao mes e ás comidas que se exporán no comedor do colexio.


jueves, 26 de junio de 2014

TEATRO FIN DE CURSO

Como vén sendo habitual nos últimos anos o EDLG deste centro programa unha sesión de teatro para despedir o curso. Aquí tendes unha mostra: 

jueves, 19 de junio de 2014

PROGRAMA "TEATRO FIN DE CURSO"

Esta é a nosa programación para o último día de curso: