miércoles, 28 de junio de 2017
lunes, 26 de junio de 2017
FESTIVAL FIN DE CURSO
Nos dous festivais que tiveron lugar este fin de curso (Primaria e Secundaria) houbo obras de teatro encamiñadas á defensa da nosa lingua: "Coida a túa lingua" interpretada por alumnado de 2º de Primaria , "A bifidada" e "Rebaixa" interpretada polo alumnado da ESO.
Todo un éxito!
O EDLG participou na elaboración das dúas de Secundaria adaptando obras de Núñez Singala ás nosas inquedanzas. Parabéns para tod@s e para tod@s !
Todo un éxito!
O EDLG participou na elaboración das dúas de Secundaria adaptando obras de Núñez Singala ás nosas inquedanzas. Parabéns para tod@s e para tod@s !
miércoles, 14 de junio de 2017
XORNAL CON PREMIO
No concurso de xornais escolares convocado por La Región o alumnado de 2º A de Primaria conseguíu o premio na súa categoría. Parabéns para os nenos e nenas e tamén para a súa profesora. Ademáis de redactar en galego e de saber como é un xornal irán de festa, porque ese é o premio para os gañadores ... e a súa publicación en dito xornal.
lunes, 5 de junio de 2017
VISITA DE ESTRAVIZ
Isaac Alonso Estraviz, profesor universitario cun currículo impresionante e un sinfín de publicacións, veu facernos unha visita moi agradable.
Escoitámolo alumnado e profesorado de Primaria e algún de Secundaria. Falounos da súa infancia (cando non se podía falar en galego e el era o único idioma que sabía), da importancia do da nosa fala, do éxito do seu dicionario (con miles e miles de entradas) e relatounos contos e adiviñas.
Unha visita moi edificante!

jueves, 1 de junio de 2017
REVISTA FURAFOLLAS
Por fin xa temos a revista "Furafollas" no cole, así poderás disfrutar de páxinas de diversión e tamén de traballos realizados por todo o alumnado. Proximamente tamén a poderas ler na páxina web do colexio. Parabéns a todo o mundo, quedou moi bonita!
OUTRA VISITA: MANUEL NÚÑEZ SINGALA
A segunda visita de escritores galegos foi hoxe. Núñez Singala é un escritor en lingua galega moi importante para este equipo, xa que as súas obras nos inspiran nas nosas creacións dramáticas: unha maneira de achegar á comunidade escolar o gusto pola nosa lingua.
Falounos da
importancia de medrar con duas linguas e dos prexuízos sobre o noso idioma: son
os de fóra quen nos gaba e nós... sempre rebaixándonos!
Pero sobre todo falounos da súa novela “Camiños na auga”, unha historia de supervivencia e de loita contra a intolerancia. Ser diferente é ás veces moi difícil.
Falounos da
importancia de medrar con duas linguas e dos prexuízos sobre o noso idioma: son
os de fóra quen nos gaba e nós... sempre rebaixándonos!Pero sobre todo falounos da súa novela “Camiños na auga”, unha historia de supervivencia e de loita contra a intolerancia. Ser diferente é ás veces moi difícil.
O noso alumnado
agasallouno cunha microdramatización sobre a importancia do galego, baseada
nunha das súas historias. Unha ledicia!
Adicounos os seus libros, pois dispomos de varios na biblioteca.
martes, 30 de mayo de 2017
HOXE VISITOUNOS CARLOS NEGRO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)