martes, 31 de octubre de 2017

SAMAÍN

Celebramos esta data cada vez máis famosa, grazas ao Halloween americano, con ese concurso de contos entre os maiores ESO e 5º, 6º de primaria. Con todos os contos presentados confecionaremos un libro que quedará na biblioteca do colexio para a súa posterior lectura. O alumnado puxo a súa imaxinación a funcionar e parece que deu resultado. Unha mostra:


 

 Algúns deles xa se leron na biblioteca.

jueves, 5 de octubre de 2017

PELERINAXES

Hoxe gozamos dunha xornada especial, o Equipo de Dinamización Lingüística de Ourense convidounos a unha sesión de cine na que descubrimos outra forma de ver o noso entorno. Pelerinaxes é unha película que nos axuda a entender a obra aínda viva de tres autores ourensáns: Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-cho-Shey. O seu director estivo connosco explicando os pormenores da rodaxe e moitas outras anécdotas que atoparon por este camiño entre Ourense e San Andrés de Teixido.
Para isto tivemos que ir ao IES de Vilamarín onde compartimos auditorio con compañeiros de Cea e o propio Vilamarín. Despois convidáronnos tamén a un cóctel preparado polo alumnado desa escola.

O grupo de 4º de ESO foi o elexido para esta actividade previo
estudo da Xeración Nós.

 
                                                                                                             

viernes, 15 de septiembre de 2017

NOVO CURSO

Comezamos este novo curso con ilusión forzas renovadas; o descanso estival tan necesario para tod@s fará que afrontemos esta nova etapa con optimismo. A nosa compañeira Marifé, que tanto  dinamizou  neste equipo durante18 anos, trasladouse a outro centro máis pertiño da súa familia.  Deixa unha profunda pegada neste centro que tentará seguir adiante coas súas actividades de dinamización.
Unha aperta e moita sorte de todo o equipo!!!

lunes, 26 de junio de 2017

FESTIVAL FIN DE CURSO

Nos dous festivais que tiveron lugar este fin de curso (Primaria e Secundaria) houbo obras de teatro encamiñadas á defensa da nosa lingua: "Coida a túa lingua" interpretada por alumnado de 2º de Primaria , "A bifidada" e "Rebaixa" interpretada polo alumnado da ESO.
Todo un éxito!

 O EDLG participou na elaboración das dúas de Secundaria adaptando obras de Núñez Singala ás nosas inquedanzas. Parabéns para tod@s e para tod@s !

miércoles, 14 de junio de 2017

XORNAL CON PREMIO

No concurso de xornais escolares convocado por La Región o alumnado de 2º A de Primaria conseguíu o premio na súa categoría. Parabéns para os nenos e nenas e tamén para a súa profesora. Ademáis de redactar en galego e de saber como é un xornal irán de festa, porque ese é o premio para os gañadores ... e a súa publicación en dito xornal.