A entrega de premios do concurso "CONTOS DE MEDO" tivo lugar no comedor escolar cando podemos estar todos xunto@s, aínda que con horario distinto en Primaria e Secundaria. A directora e a coordinadora do EDLG foron as encargadas desta entrega.
Os premios consistiron en:
-Un libro de medo
-Unha camiseta co logo do Faildiño
-Un pen drive
Os traballos premiados están expostos na entrada da Biblioteca xunto coa súa fotografía.
viernes, 24 de noviembre de 2017
viernes, 10 de noviembre de 2017
PREMIADOS NO CONCURSO
PREMIOS
DO CONCURSO
“CONTOS
DE MEDO PARA SAMAÍN 2017”
Categoría
5º e 6º de Primaria:
“Misterio
na noite” de Noa Souto Álvarez 5º B
“Lego,
o barco pantasma” de Juan Manuel González Carballo 6º A
Categoría
1ª e 2º de ESO:
“O
lobishome de Salceda” de José Antonio Ledo Álvarez 1º A de ESO
“Os
Chupasangues” de Sabela Rodríguez Rodríguez 1º B de ESO
Categoría
3º e 4º de ESO: Deserta.
martes, 31 de octubre de 2017
SAMAÍN
Celebramos esta data cada vez máis famosa, grazas ao Halloween americano, con ese concurso de contos entre os maiores ESO e 5º, 6º de primaria. Con todos os contos presentados confecionaremos un libro que quedará na biblioteca do colexio para a súa posterior lectura. O alumnado puxo a súa imaxinación a funcionar e parece que deu resultado. Unha mostra:

Algúns deles xa se leron na biblioteca.

Algúns deles xa se leron na biblioteca.
lunes, 9 de octubre de 2017
jueves, 5 de octubre de 2017
PELERINAXES
Hoxe gozamos dunha xornada especial, o Equipo de Dinamización Lingüística de Ourense convidounos a unha sesión de cine na que descubrimos outra forma de ver o noso entorno. Pelerinaxes é unha película que nos axuda a entender a obra aínda viva de tres autores ourensáns: Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-cho-Shey. O seu director estivo connosco explicando os pormenores da rodaxe e moitas outras anécdotas que atoparon por este camiño entre Ourense e San Andrés de Teixido.Para isto tivemos que ir ao IES de Vilamarín onde compartimos auditorio con compañeiros de Cea e o propio Vilamarín. Despois convidáronnos tamén a un cóctel preparado polo alumnado desa escola.
O grupo de 4º de ESO foi o elexido para esta actividade previoestudo da Xeración Nós.

viernes, 15 de septiembre de 2017
NOVO CURSO
Comezamos este novo curso con ilusión forzas renovadas; o descanso estival tan necesario para tod@s fará que afrontemos esta nova etapa con optimismo. A nosa compañeira Marifé, que tanto dinamizou neste equipo durante18 anos, trasladouse a outro centro máis pertiño da súa familia. Deixa unha profunda pegada neste centro que tentará seguir adiante coas súas actividades de dinamización.
Unha aperta e moita sorte de todo o equipo!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











