lunes, 5 de febrero de 2018

ENTROIDO NA ESCOLA



Como vén sendo habitual nesta época, o centro engalánase para celebrar esta festa tan tradicional e tamén tan máxica. Neste concello, nun lugar chamado Vilarnaz, celébrase tradicionalmente un Entroido moi concurrido. E nós intentamos recoller esa tradición local para axeitala á nosa realidade.
Poñemos os nosos mecos, case sempre unha parella, na entrada do centro engalanados con roupas existentes no  armario de vestiario. E ao seu carón os mandados que os mecos irán cambiando diariamente ao longo desta semana anterior á festa.
Presentamos a proposta de disfrazarnos de Ecosistema de bosque galego e así cada grupo de alumnos e alumnas por nivel elexiron en concreto a súa maneira de contribuir. Así uns irán de árbores, outros de flores silvestres, de animais, de cogumelos... O venres pola tarde escenificaremos o acto final.
                                                               

viernes, 19 de enero de 2018

CONCURSO "NAMÓRAME EN GALEGO"


CONVOCATORIA do concurso
"NAMÓRAME EN GALEGO"
Cartas,
poemas,
narracións,
debuxos,
whatsapps,
manualidades...
...e todo o que se che ocorra que teña relación co amor, a amizade, a paz e os anceios de gustar a outros.
Recollida de traballos ata o venres 2 de marzo.
Adiante, imaxinación e corazón!
Podes deixar os teus traballos na Biblioteca ou dárllelos ao titor@.

domingo, 14 de enero de 2018

NOVO ANO

Con este novo ano imos renovar os anceios de vitalidade do noso equipo.
Unha vez rematado o proxecto para pedir as axudas  da Xunta para o fomento da lingua galega, engadiremos na páxina web do centro o logo dos Equipos de Dinamización e unha breve descrición do noso.
Propoñemos unha idea para o Entroido deste ano "A fraga, ecosistema galego".
E pensamos na convocatoria do concurso "Namórame en galego" para que todo o centro participe. A coincidencia do día de San Valentín co Entroido fainos retrasar un pouco a recollida de traballos para o mesmo.

miércoles, 20 de diciembre de 2017

NADAL

Para esta ocasión preparamos tarxetas con debuxos de Nadal e desexos para o vindeiro ano. As seleccionadas foron parar a unha felicitación xeral a toda a comunidade educativa por parte do centro. Despois as mellores e máis vistosas serviron de decoración para a árbore dos desexos.
Un Papá Noel galego visitou aos máis pequenos. Algúns alumnos de 6º cantáronlle e tocáronlle unha panxoliña na nosa lingua.




viernes, 24 de noviembre de 2017

ENTREGA DE PREMIOS DO ONCURSO

A entrega de premios do concurso "CONTOS DE MEDO" tivo lugar no comedor escolar cando podemos estar todos xunto@s, aínda que con horario distinto en Primaria e Secundaria. A directora e a coordinadora do EDLG foron as encargadas desta entrega.
Os premios consistiron en:
-Un libro de medo
-Unha camiseta co logo do Faildiño
-Un pen drive
Os traballos premiados están expostos na entrada da Biblioteca xunto coa súa fotografía.

viernes, 10 de noviembre de 2017

MAGOSTOS

Como estes cursos pasados a nosa celebración do Magosto, quitando o de comer castañas asadas e bolos preñados, sempre é con xogos tradicionais adaptados á castaña. Este foi o noso programa: