martes, 12 de junio de 2012
viernes, 8 de junio de 2012
O día 7 de xuño véunos visitar TINO BAZ.
Todos quedamos encantados coa súa visita, e el tamén nos felicitou pola nosa adicación.
Aquí van algunhas fotos do momento:
Este cantautor de A Guarda que amosou dende cativo paixón pola música e o canto, deleitounos coa súa voz e o dominio de varios instrumentos musicais (zanfoña, gaita e guitarra).
Anteriormente foi membro do grupo “A Roda”, estivo en estreita relación con outros como “Fuxan os Ventos”, “A Quenlla”...
Actualmente é mestre de gaita e pandeireta na zona do Baixo Miño e imparte charlas e concertos en centros de ensino.
No noso colexio fixo tres sesións. Unha para Infantil e 1º ciclo de Primaria, outra para 2º e 3º ciclos de Primaria e unha terceira para Secundaria. Os poemas musicados foron da nosa Rosalía de Castro e de Manuel María, pero nós tamén contribuímos enviándolle primeiro un “Cantar de Cego” coa vida de Valentín Paz Andrade para que el nolo cantara.
jueves, 7 de junio de 2012
COLABORAMOS COA BIBLIOTECA
O EDLG confecionou marcapáxinas para a conmemoración do ano de Celso Emilio Ferreiro (100 anos do seu nacemento).
Ver o enlace co seguinte vídeo:
Letras galegas 2012 on PhotoPeach
O EDLG confecionou marcapáxinas para a conmemoración do ano de Celso Emilio Ferreiro (100 anos do seu nacemento).
Tamén Álvaro Cunqueiro mereceu o noso intrese (homenáxeado o ano anterior) con alusións ás súas obras.
Ver o enlace co seguinte vídeo:
Letras galegas 2012 on PhotoPeach
domingo, 6 de mayo de 2012
AXENDA CULTURAL LETRAS GALEGAS 2012
|
Última quincena de
Maio
|
Exposición a gran tamaño dun poema de Valentín Paz
Andrade. Traballo nas aulas con motivo das Letras Galegas.Debuxo do autor no
panel de homenaxeados.
|
|
Primeira semana de Xuño
|
Visita do cantautor galego Tino Baz en tres sesións
para Infantil e 1º ciclo de Primaria, para o resto de Primaria e para toda a
Secundaria. Seguiremos aprendendo de Paz Andrade e outros autores galegos.
|
|
Segunda semana de Xuño
|
Publicación da revista “Furafollas” con traballos
realizados por alumnado e profesorado do centro.
|
|
Última semana de Xuño
|
Dramatizacións das obras teatrais preparadas para a
ocasión: “O comedor de Patacas” (versión adaptada da obra de Manuel Rivas),
“Xuízo á Lingua” (versión de “A lingua bífida” de Nuñez Singala) e “O
restaurante Farruco” de Chus Pereiro.
|
domingo, 15 de abril de 2012
PARTICIPAMOS EN "XOGADE"
PARTICIPAMOS EN "XOGADE"
O día 22 de marzo comezou o Campionato Provincial de "Competición Deportiva de Orientación" no Carballiño. Nós estivemos alí co alumnado de 2º e 3º de ESO.
O día 27 cos clasificados estivemos no Campionato Galego en Lugo. Raúl Iglesias por segundo ano consecutivo estará no Campionato Nacional en Cantabria proximamente.
O día 22 de marzo comezou o Campionato Provincial de "Competición Deportiva de Orientación" no Carballiño. Nós estivemos alí co alumnado de 2º e 3º de ESO.
O día 27 cos clasificados estivemos no Campionato Galego en Lugo. Raúl Iglesias por segundo ano consecutivo estará no Campionato Nacional en Cantabria proximamente.
Aquí vai algunha proba:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



