miércoles, 18 de diciembre de 2013

MES DE DECEMBRO, MES DE NADAL

CÁLIDO DECEMBRO

Decembro é mes de matanzas e nadal, de comer quentiño. De tomar café   e facer filigranas coa súa escuma mentres desfrutas da mellor conversación.
Decembro   ha de ser quente se  o coces   ben   e   a  lume lento.

É tempo  de comezo e  remate: un folio en branco  sobre fondo gris para rescribir o guión da vida.
Decembro é cándido  se dás un paseo polas nubes  e   sentas nelas a escoitar o mellor conto do mundo.
É cándido se en cada val  reparas nas casas cal cachimbas  botando  fume branco  co  que   se fan os mellores  doces de merengue e nata. Tan branco coma os abrazos.

Este decembro  ha ser branco e doce, de iogur e  marmelo, porque  o has  de mirar   con lentes  de cerca  e  lúa chea.


martes, 19 de noviembre de 2013

SEGUIMOS A RECIBIR CREACIÓNS


O noso recuncho de Outono segue medrando

 
 
 

 

 
 

lunes, 28 de octubre de 2013

Primeiros traballos presentados


 Infantil
RECEITA DE OUTONO "CHULAS DE CABAZO"
Ingredientes:
1 cabazo de 700 gr
300 gr de fariña 
100 ml de leite
3 ovos
125 gr de azucre
1/4 vaso de anís
raiadura de limón
sal / aceite
Pélase o cabazo, córtase en pedazos medianos e cócese en abondosa auga. Escóase e faise puré.
Sepáranse uns 500 gr de puré e engádeselle a fariña, o leite , os ovos, o azucre, o anís e un puntiño de sal, aromatizando coa raiadura de limón.                                                                                            
Mistúranse todos os ingredientes ata que quede una misturanza un pouco compacta.                       
Cóllense pequeñas cantidades de masa e frítense en aceite abundante. Escóanse se bótase azucre e canela.                                                                                     
  BO PROVEITO!
 
 

domingo, 6 de octubre de 2013


CONVOCATORIA “CONCURSO OUTONANDO” 

Xa estamos aquí de novo… dando a tabarra, moita tabarra! Porque o que queremos é mover e remover os espíritos creativos. O outono é unha estación moi xenerosa en cores e alimentos, isto seguro vos dá unha idea para inventar, investigar, probar…(debuxos, manualidades, receitas, contos de medo ou outros, lendas, fotos, poemas…) 

ÁNIMO! TODO O OUTONO É VOSO!

 

sábado, 21 de septiembre de 2013

BENVIDOS

Benvidos un curso máis a esta nosa casa!
Aínda que a crise non rematou e cada ano somos máis pobres (as axudas a este equipo non son para botar foguetes) aquí estamos de novo para dar moito que falar, en galego, por suposto! ese é o noso obxectivo.
Nos primeiros días de setembro rematamos o mural iniciado no 3º trimestre do curso pasado no comedor do noso colexio. Este é o resultado:

UNHA PASADA!